A viola de canNome vulgar dado por Juan Cuveiro Piñol en 1876 no seu Diccionario Gallego, Barcelona - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=viola&tipo_busca=lema Viola canina é unha especie de viola. Atópase en Eurasia.

Descrición É unha planta herbácea perennifolia, hemicrptófita de talo ascendente ou erecto e sen roseta basal. As follas son ovadas e máis ou menos cordadas cara e base. As estípulas son estreitamente lanceoladas e dentadas ou fimbriadas. As flores son solitarias, e nacen de longos pedúnculos axilares. Os sépalos son lanceolados, e presentan uns apéndices acrescentes durante a frutificación. Os pétalos son dun azul intenso, cun esporón curto (até 5 mm). O froito é unha cápsula trígona. É unha especie que a miúdo costa recoñecer e que presenta unha gran variabilidade. Diferénciase do grupo da Viola sylvestris Lam., pola ausencia de roseta de follas basais, carácter que ás veces non é doado apreciar. Por outra banda, téñense descrito subespecies de validez non moi clara como as montana (L.) Hartm. e silvensis (Font Quer) O.Bolòs et Vigo.

Hábitat Atópase nos clareiros dos bosques de piñeiro negral, matogueiras altimontanos (xunto a Rhododendron ferrugineum, queiroas Calluna vulgaris etc.) e nos pasteiros alpinos acidófilos.

Taxonomía Viola canina foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 935'', no ano 1753. en PlantList en Trópicos

Notas

Véxase tamén Bibliografía Böcher, T. W. 1978. Greenlands Flora 326 pp. Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.

Ligazóns externas

Categoría:Viola Categoría:Flora de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1753