La Redención foi un semanario editado en Padrón entre 1918 e 1922.
Historia e características Subtitulado Publicación Regionalista de la Federación de Agricultores del Partido de Padrón. Defiende la causa de la libertad y del derecho, apareceu o 30 de agosto de 1918. Foi continuación de Unión Agraria. Estaba dirixido nun principio por Andrés Sánchez Adanza e cara a finais de 1921 asumiu a dirección José Pasín Romero. Entre os seus colaboradores figuraban Manuel Lueiro Edreira (que asumiu o posto de redactor-xefe en outubro de 1919), Ramón Graña e o poeta Manuel Antonio.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Padrón Categoría:Prensa agraria Categoría:1918 en Galicia