Vertixe (en ) é un filme estadounidense dirixido e producido por Alfred Hitchcock que se estreou en 1958. Baséase na novela de 1954 D'entre les morts, escrita por Boileau-Narcejac. O guión é obra de Alec Coppel e Samuel A. Taylor. Está protagonizado por James Stewart como o detective John "Scottie" Ferguson, que foi retirado forzosamente debido á súa vertixe clínica. Scottie é contratado como invesatigador privado para seguir a unha muller, Madeleine Elster (Kim Novak) que se comporta dun xeito peculiar.
O filme foi rodado en San Francisco, California, e nos Paramount Studios de Hollywood. Popularizou o travelling compensado, un efecto da cámara que distorsiona a perspectiva para crear desorientación, para simular a acrofobia de Scottie. Como resultado do seu uso no filme, o efecto é referido a miúdo como "o efectoVertigo".
Vertixe recibiu críticas dispares na súa estrea, pero hoxe é considerado unha das obras clásicas da filmografía de Hitchcock e un dos traballos definitorios da súa carreira. No ano 2012, substituíu a Cidadán Kane (1941) como o mellor filme xamais feito na clasificación do Instituto Británico de Cine. En 1996, o filme pasou por unha gran restauración para crear unha versión de 70mm e sistema de son DTS. Apareceu en numerosas ocasións entre os mellores filmes segundo o American Film Institute.
Sinopse Scottie Fergusson (James Stewart) é un detective da policía de San Francisco que padece de vertixe. Cando un compañeiro cae ó baleiro dende unha cornixa mentres perseguen a un delincuente, Scottie decide retirarse. Gavin Elster (Tom Helmore), un vello amigo do colexio, contrátao para que vixíe á súa esposa Madeleine (Kim Novak), unha fermosa muller que está obsesionada co seu pasado.
Personaxes James Stewart como John "Scottie" Ferguson Kim Novak como Judy Barton/posing as Madeleine Elster Barbara Bel Geddes como Midge Wood Tom Helmore como Gavin Elster Henry Jones como Coronel Ellen Corby como Propietaria do hotel Konstantin Shayne como Pop Leibel Raymond Bailey como Doutor de Scottie Lee Patrick a condutora confundida con Madeleine (Judy) Margaret Brayton como vendedora de Ransohoff Fred Graham como Compañeiro policía de Scottie Alfred Hitchcock fai un cameo camiñando na rúa e carregando un maletín de trompeta
Galardóns e nomeamentos 1958: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor dirección artística e son. 1958: Festival de Cine de San Sebastián: Mellor director e actor.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1958 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes dirixidos por Alfred Hitchcock Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1958 con versión en galego