Toural dos Vaos (en castelán e oficialmente Toral de los Vados), anteriormente chamado Villadecanes-Toral de los Vados, é un concello da comarca do Bierzo, na provincia de León. Ten unha superficie de 24,27 km², e en 2013 tiña 2108 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Cambio de denominación O 26 de xuño de 2008 procedeuse a mudar o nome do concello polo actual tras sesión plenaria municipal. O cambio argumentouse no descenso de poboación de Viladecais e na confusión que producía nos documentos oficiais, que segundo o alcalde, eran devoltos. Veciños de Viladecais mostraron a súa disconformidade co cambio de nome.http://www.infobierzo.com/index.php?option=com_content&task=view&id=2028&Itemid=1 Noticia de infobierzo.com
Demografía
Lugares Igrexa de Campo Outeiro Paradela de Arriba Paradela do Río Parandois Penedelo Peón de Abaixo Sorribas Toural dos Vaos Valiña Viladecais
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do concello
Categoría:Toural dos Vaos