José Manuel Méndez Freijo, nado nas Nogais en 1962, é un político galego que pertenceu a varios partidos e foi alcalde do concello valisoletano de Arroyo de la Encomienda.
Traxectoria Na década de 1980 comezou a súa actividade política, primeiro no BNG das Nogais, como cabeza de lista e único concelleiro logo das municipais de 1983. Posteriormente integrouse no PSdeG, co que foi concelleiro do grupo de goberno ao longo desa década e ata 1994. Nese ano participou na creación dunha empresa de máquinas recreativas e trasladouse a Valladolid.
Fixou a súa residencia nun concello dos arrabaldes da capital, Arroyo de la Encomienda, a 3 quilómetros da cidade de Valladolid e ingresou no Partido de los Independientes de España co que se presentou aos comicios locais de 1995. Obtivo tres concelleiros e quedou a menos de 40 votos de vencer nas eleccións. Logo de perder apoios nas eleccións de 1999 integrouse como concelleiro no Partido Popular e con esa formación conseguiu a alcaldía de Arroyo de la Encomienda nas municipais de 2003. Antes das eleccións de 2007 foi expulsado do PP, fundou a súa propia formación (Independientes por Arroyo de la Encomienda) e revalidou a maioría absoluta, que incrementou en 2011 con case o 60% dos votos.
Arroyo de la Encomienda é un concello dos arrabaldes de Valladolid, cunha poboación en rápido aumento durante o século XXI. Cando Méndez Freijo chegou ao concello a poboación era de pouco máis de 1.000 habitantes, en 2011 chegaba a 13.000. No seu termo instalouse un establecemento da empresa sueca Ikea e construíronse milleiros de vivendas, moitas delas de man da empresa galega Mahía.
Véxase tamén Ligazóns externas
Un exalcalde condenado por corrupción regularizó 211.485 euros con la amnistía fiscal del PP
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Políticos do PP Categoría:Nados nas Nogais Categoría:Nados en 1962