Héitor Mera Herbello, nado en Cangas de Morrazo en 1977, é un profesor e crítico literario galego.
Traxectoria Profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario do CPR Don Bosco Salesianas de Vigo. Ten exercido como crítico literario en diversos medios de comunicación, como o Faro da Cultura, A Nosa Terra e Vieiros.
O seu traballo investigador tense centrado especialmente na figura de Bernardino Graña.
Obra Ensaio Literatura en galego no alborexar do século (2010). Morgante. Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego (2010). Morgante. Bernardino, mariñeiro do verbo. Vida e obra de Bernardino Graña (2012). Morgante. Todo é poesía salvo algunha cousa (2025). Morgante. 112 páxs. ISBN 978-84-19040-51-0.
Edicións Vinte mil pesos crime, de Bernardino Graña (2005). Xerais. Cartas de Bernardino Graña (2021). Morgante. 196 páxs. ISBN 978-84-15166-95-5. A torre de Peito Burdelo, de Galo Salinas (2021). Morgante. ISBN 978-84-15166-96-2.
Traducións Sopa de cola de lagarta, de Marta Gené Camps (2009) Rodeira. Na procura do tesouro de Kola, de Edna López (2011). Rodeira.
Conversas Conversas con Bernardino Graña, con Rafael Fernández Lorenzo (2005). Xerais.
Obras colectivas Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais. Dicionario fraseolóxico castelán galego e de correspondencias galego castelán. Século 21, 2007, Galaxia. Historia didáctica da literatura galega, con Manuel Rodríguez Alonso, 2011, Morgante.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Morgante Edicións .
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1977