Marcelino Puente González, nado en Santiago de Compostela cara a 1875, foi un tipógrafo e sindicalista galego.
Traxectoria Sindicalista compostelán. Foi presidente da Sociedad Tipográfica en 1916 e volveu ser presidente cando se reorganizou en 1919. Foi o primeiro director do semanario Lucha Social. Representou aos obreiros santiagueses no Congreso Obrero de Vigo de 1922. En 1922 era veciño de Vilagarcía.El Compostelano. 9-10-1922, p. 2. Foi elixido secretario da Asociación Tipográfica en 1929.El Compostelano, 17-9-1929, p. 2.
Notas
Categoría:Sindicalistas de Galicia
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no século XIX Categoría:Finados no século XX Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido