Keith Newton, nado o 10 de abril de 1952 en Liverpool, Inglaterra, é un prelado da Igrexa Católica nomeado o 15 de xaneiro de 2011 primeiro ordinario do ordinariato persoal da Nosa Señora de Walsingham. Antes da súa entrada na Igrexa Católica, exerceu de sacerdote e bispo na Igrexa de Inglaterra.
Ministerio anglicano Newton estudou no King's College de Londres e obtivo posteriormente un posgraduado en educación no Christ Church College de Canterbury, antes de completar os seus estudos teolóxicos como aspirante á ordenación no St Augustine's College de Canterbury.Who's Who 2008: London, A & C Black, 2008 ISBN 978-0-7136-8555-8Crockfords (London, Church House 1995) ISBN 0-7151-8088-6
Newton ocupou os seguintes cargos na Igrexa de Inglaterra: 1975 - 1978, cura de Great Ilford St Mary, Chelmsford. 1978 - 1985, vigairo en St Matthew’s Wimbledon no Wimbledon Team Ministry, Southwark 1985 - 1991, reitor de Blantyre, Malawi e deán da Catedral de Blantyre 1991 - 1993, sacerdote encargado de Holy Nativity Knowle, Bristol 1993 - 2001, vigairo de Holy Nativity Knowle, Bristol 1997 - 2001, sacerdote encargado de All Hallows, Easton
O 7 de marzo de 2002, Newton foi ordenado como bispo anglicano por George Carey, entón Arcebispo de Canterbury. Newton foi nomeado Bispo de Richborough e visitador episcopal provincial para a Provincia de Canterbury en 2002. Mantivo este cargo até o 31 de decembro de 2010.
Ministerio católico miniatura|left|200px|Keith Newton e a súa muller, Gill, logo da ordenación de Newton como diácono católico. En 2008 Newton reuniuse con membros da Congregación para a Doutrina da Fe para falar da posibilidade de unirse á Igrexa Católica.Impact of pope's decree begins to dawn on Church of England members. The Guardian, 26 de outubro de 2009. Accedido o 24 de xullo de 2013, .
O 8 de novembro de 2010, Newton anunciou a súa intención de abandonar a Igrexa de Inglaterra a finais de ano para unirse ao ordinariato persoal proposto pola Igrexa Católica para acoller a antigos anglicanos que desearan manter algunhas das súas prácticas e tradicións.
Newton foi recibido na Igrexa Católica xunto coa súa muller Gill nunha cerimonia na Catedral de Westminster o 1 de xaneiro de 2011, polo bispo Alan Hopes. Na cerimonia tamén foron recibidos Andrew Burnham (antigo bispo de Ebbsfleet), John Broadhurst (antigo bispo de Fulham) e a súa muller Judith e tres antigas relixiosas da Sociedade de Santa Margarida.ex-Anglican bishops are received into full communion , The Catholic Herald, 1 January 2011
O 13 de xaneiro de 2011 foi ordenado como diácono con outros dous antigos bispos anglicanos, Andrew Burnham e John Broadhurst, xa que a Igrexa Católica non recoñece a validez das ordenacións anglicanas dende a publicación da bula Apostolicae Curae de León XIII. Dous días despois, o 15 de xaneiro de 2011, foron ordenados sacerdotes por Vincent Nichols, Arcebispo de Westminster, na catedral da arquidiocese. Nesa data o papa Bieito XVI nomeouno como primeiro ordinario do ordinariato persoal da Nosa Señora de Walsingham para Inglaterra e Gales.Newton, Church in England and Wales website (retrieved 15 January 2011) Ao estar casado, non pode ser ordenado bispo.
Notas
Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Nados en 1952 Categoría:Bispos anglicanos do Reino Unido Categoría:Bispos da Igrexa de Inglaterra Categoría:Sacerdotes católicos do Reino Unido Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Alumnos do King's College de Londres