Unha noite non é nada é o terceiro álbum musical do grupo Treixadura. Dos recoñecidos traballos de Perfecto Feijoo, Faustino Santalices ou Casto Sampedro, Treixadura toma varios temas como "A Chula de Pontevedra", "Unha Noite non é Nada", "Xota Vella" e "Aires da Terra". Tamén ofrece dous temas da súa feitura que son a "Polca da Porteliña" e "Xiada". Con este traballo pretenden reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia. Como colaboradores especiais, contou co conxunto Orfeón Treixadura.

Listaxe de cancións "A chula de Pontevedra (I)/A chula de Pontevedra (II)" "Unha noite non é nada (I)/Unha noite non é nada (II)" "Cacería en Do Maior (I)/Cacería en Do Maior (II)" "A Mazá Gardada" "Aires da terra" "Polca da porteliña " "Xiada" "Os amigos" "Pandeiretada (I)/Pandeiretada (II)" "Melide" "Xota vella"

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Treixadura

Categoría:Álbums de Treixadura Categoría:Álbums musicais de 2003