A Terra Eo-Navia (en castelán e oficialmente Eo-Navia) é unha rexión que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe). Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental na provincia de León e As Portelas na provincia de Zamora considérase este territorio como parte da Galicia estremeira.
Orixe O termo naceu en sectores do galeguismo, e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.
En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.
Datos Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira (que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas) existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan asturleonés.2004, 7 63-66 (páxina II) Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Galicia estremeira Galego de Asturias
Ligazóns externas A situación do galego no Eo-Navia Explicación polo miúdo da situación e a problematica lingüística e cultural no Eo-Navia A lingua galega na Franxa Leste Historia das terras Eo-Navia dentro do Reino de Galiza Mesa prá Defensa del Galego de Asturias A asociación cultural ABERTAL pola defensa da lingua e cultura galegas da comarca del Eo-Navia O relativo do continuum entre galego e asturiano en Asturias, a cargo de Xavier Frías Conde
Categoría:Concellos galegofalantes de Asturias