Bugatti é unha marca de automóbiles superdeportivos e de luxo, fundada en 1909 na entón cidade alemá de Molsheim, Alsacia (agora en territorio francés) polo italiano Ettore Bugatti. Hoxe en día pertence ao grupo alemán Volkswagen.

Na súa primeira etapa, os coches Bugatti eran coñecidos pola beleza do seu deseño (Ettore Bugatti era dunha familia de artistas e considerábase á vez un artista e construtor) e polas súas moitas vitorias. A morte de Ettore Bugatti en 1947 resultou ser o final da marca, e a morte do seu fillo Jean Bugatti en 1939 asegurou que non había un sucesor para dirixir a fábrica. Non se fixeron máis de 8.000 coches. A compañía loitou financieiramente, e lanzou un último modelo na década de 1950, antes de ser finalmente adquirida polo seu negocio de pezas de avión na década de 1960.

Dende os anos 1980 a marca foi xestionada pola empresa Bugatti Automobili SpA, que adquiriu tamén Lotus, ata que despois de ser comprada en 1998 polo Grupo Volkswagen, constituiuse en empresa de capital francés no ano 2000 coa denominación de Bugatti Automobiles SAS, con base en Molsheim.

Etapa Ettore Bugatti thumb|upright|Ettore Bugatti en 1932.|alt=|left O fundador Ettore Bugatti naceu en Milán, Italia, e a empresa de automóbiles que leva o seu nome foi fundada en 1909 en Molsheim que se atopa na rexión de Alsacia que formaba parte do Imperio Alemán ata 1919. A compañía era coñecida tanto polo nivel de detalle da enxeñería dos seus automóbiles, como pola forma artística na que foron executados os deseños, dada a natureza artística da familia de Ettore (o seu pai, Carlo Bugatti (1856-1940), foi un importante deseñador Art Nouveau de mobles e de xoias).

A primeira guerra mundial e as súas secuelas thumb|Bugatti Tipo 13 Brescia Sport-Racing, 1922.|alt= Durante a guerra Ettore Bugatti foi enviado, inicialmente a Milán e máis tarde a París, pero en canto concluíron as hostilidades volveu á súa fábrica de Molsheim. Menos de catro meses despois de que o Tratado de Versalles formalizara a transferencia de Alsacia de Alemaña a Francia, Bugatti conseguiu, no último minuto, un stand no 15. Salón do Automóbil de París en outubro de 1919. Expuxo tres coches lixeiros, todos eles baseábanse moito nos seus equivalentes de antes da guerra, e cada un estaba equipado co mesmo árbore de levas en cabeza de 4 cilindros e 1.368 cc con catro válvulas por cilindro. O máis pequeno dos tres era un "Tipo 13" cunha carrozaría de carreiras (construída polo propio Bugatti) e usando un chasis cunha distancia entre eixes de . Os outros eran un "Tipo 22" e un "Tipo 23" cunha distancia entre eixes de 2250 e 2400 mm. respectivamente.

Éxitos nas carreiras thumb|Bugatti Tipo 35B|alt=

A compañía tamén tivo un grande éxito a principios dos Gran Premio de automobilismo, gañando o primeiro Gran Premio de Mónaco en 1929 nun Bugatti tipo 35B. O éxito da compañía culminou co piloto Jean-Pierre Wimille gañando as 24 Horas de Le Mans dúas veces (en 1937, con Robert Benoist e 1939 con Pierre Veyron).

Os Bugatti máis famosos foron o Type 35 Grand Prix, o Type 41 "Royale", o Type 57 "Atlantic" e o deportivo Tipo 55.

Os coches Bugatti tiveron un grande éxito nas carreiras. O pequeno Bugatti Type 10 logrou as catro primeiras posicións na súa primeira carreira. O Bugatti Type 35 de 1924 é probablemente o coche de carreiras máis exitoso de todos os tempos, con máis de 2.000 vitorias. O Tipo 35 foi desenvolvido por Bugatti co mestre enxeñeiro e piloto de carreiras Jean Chassagne, que tamén o conduciu no primeiro Gran Premio do coche en Lión en 1924.L'Automobiliste, 1971 P. 7 Bugatti logrou á vitoria na Targa Florio durante cinco anos consecutivos desde 1925 ata 1929. Louis Chiron, celebrou a maioría dos podios dos automóbiles Bugatti, e no rexurdimento moderno da marca Bugatti Automobiles SAS nomearon o seu concept car de 1999 Bugatti 18/3 Chiron na súa honra. Pero foi o seu último éxito na competición de Le Mans a que é máis recordada Jean-Pierre Wimille e Pierre Veyron gañaron a carreira de 1939 cun só coche e escasos recursos.

thumb| Bugatti Railcar|alt=

Carreiras de avións thumb|Avión de carreiras Bugatti 100P.|alt=|left

Na década de 1930, Ettore Bugatti involucrouse na creación dun avión de carreiras, coa esperanza de vencer aos alemáns na Deutsch de la Meurthe prize. Este sería o Bugatti 100P, que nunca voou. Foi deseñado polo enxeñeiro belga Louis de Monge que xa utilizara motores Bugatti Brescia no seu "Tipo 7.5".

Ettore Bugatti tamén deseñou un exitoso vagón motorizado, o Autorail.

Traxedia familiar

A morte do fillo de Ettore Bugatti, Jean Bugatti, o 11 de agosto de 1939 marcou un punto de inflexión na fortuna da compañía. Jean morreu mentres probaba un coche de carreiras Tipo 57 corpo de tanque cerca da fábrica de Molsheim. thumb|Bugatti Type 73A|alt=

Logo da II Guerra Mundial

Logo da segunda guerra mundial a fábrica de Molsheim estaba en ruínas e a compañía perdeu o control da propiedade. Durante a guerra, Bugatti planeou unha nova fábrica en Levallois, un suburbio do noroeste de París. Logo da guerra, Bugatti deseñou e planeou construír unha serie de novos coches, incluíndo o Tipo 73 de rúa e o Tipo 73C un coche de competición dun só asento, pero foron construídos só cinco coches do Tipo 73.

A construción dun coche de 375 cc sobrealimentado detívose cando Ettore Bugatti morreu o 21 de agosto de 1947. Trala morte de Ettore Bugatti, o negocio reduciuse aínda máis e fixo a súa última aparición como marca comercial no Salón do Automóbil de París en outubro de 1952.

Logo dunha longa decadencia, Bugatti deixou de operar en 1952. thumb|Motor Bugatti Tipo 49 (Musée de la Chartreuse, Molsheim)|alt= Modelos máis importantes

Tipo Data Unidades Motor Notas Foto Type 2 1900–1901 1 3050 cm³ I4

100px Type 5 1903 2 12867 cm³ I4 Árbore de levas OHV 100px Type 10 1908 1 1131 cm³ I4 OHC; foi segundo no Gran Premio de Francia de 1911

Type 13 1910–1914 435 1368 cm³ I4 OHC-Catro válvulas; postos 1º, 2º, 3º e 4º no Gran Premio de Brescia de 1921 100px Type 15 1910

1327 cm³ I4 OHC-Dúas válvulas, catro prazas 100px Type 17 1910

1327 cm³ I4 OHC-Dúas válvulas, catro prazas 100px Type 18 1912–1914 6 ou 7 5030 cm³ I4 Tres válvulas 100px Type 19 1911 1 855 cm³ I4 T-head; Prototipo do Lion-Peugeot BP1 resp. Peugeot BB ("Bebe") (3095 Expl.) Abb.: Peugeot BB. 100px Type 20 1911 6 1500 cm³ I4 T-head; Prototipo para Lion-Peugeot; non fabricouse en serie

Type 22 1913–1914

1368 cm³ I4 Motor de catro válvulas SOHC como o Brescia 100px Type 23 1913–1914

1368 cm³ I4 Versión de dúas válvulas do motor Brescia 100px Type 28 1921 1 2995 cm³ I8 OHC-Tres válvulas; prototipo de luxo de coche de turismo 100px Type 29 1922–1926 7 1991 cm³ I8 OHC-Motor de tres válvulas, 60 CV (45 kW), segundo no Grand Prix ACF de 1922. O Tipo 29 foi noveno en 1923 na Indy 500 co Príncipe de Cystria. 100px Type 30 1922–1926 ca. 600 1991 cm³ I8 Turismos e coches deportivos con motor baseado no Tipo 29 100px Type 32 1923 5 1991 cm³ I8 Motor do tipo 29 máis avanzado; carrozaría Tank; en 1923 foi terceiro no Gran Premio ACF en Tours 100px Type 34 1923 Estudo 14732 cm³ Bugatti con motor de aviación Type 35 1924–1930 96 1991 cm³ I8 Desenvolvemento do motor do tipo 29. 90 hp (67 kW), revolucións máx. 6000 rpm 100px Type 35 A 1926

1991 cm³ I8 „Tecla“; OHC-Tres válvulas; Motor Type 30, rodas de radio de fábrica 100px Type 35 B 1924–1930 38 2262 cm³ I8 Motor Type 35 con turbocompresor, 135 PS (101 kW); gañou o Gran Premio de Francia de 1929 100px Type 35 Targa Florio 1924–1930 13 2262 cm³ I8 Type 35 B modificado; 100 PS (75 kW); para a Targa Florio de 1925 a 1929

Type 35 C 1924–1930

1991 cm³ I8 Motor con compresor Roots, 125 cabalos de forza, velocidade máxima 205 km/h, gañou o Gran Premio de Francia en 1928 e 1930 100px Type 35 T 1927

2262 cm³ I8 OHC tres válvulas; modelo Targa 100px Type 36 1925

1493 cm³ I8 Type-29 versión curta

Type 37 1926–1930 212 1496 cm³ I4 Novo motor OHC de tres válvulas, 60 PS (45 kW) 100px Type 37 A 1928-1930 67 1496 cm³ I4 Como o Tipo 37, pero con compresor Roots, tres válvulas OHC, coche de Gran Premio, de dúas prazas. 100px Type 38 1926–1927 Preto de 100 1991 cm³ I8 Motor Type-29 100px Type 38 A 1927

1991 cm³ I8 OHC tres válvulas; automóbil de turismo; Motor como o Type 30 e 35 A

Type 39 1926 ca. 20 1493 cm³ I8 OHC tres válvulas, compresor Roots; coche de Gran Premio; Chasis como o Type 35 100px Type 39 A 1926–1929

1493 cm³ I8 Motor Type-36, compresor Roots, 120 PS (89 kW); gañou o Gran Premio de Francia en 1926

Type 40 1926–1930 ca. 800 1496 cm³ I4 Motor Type-37 100px Type 40 A 1930

1627 cm³ I4 OHC 12 válvulas; turismo, bloque motor Type 49 100px Type 41 1927–1933 6 12736 cm³ I8 OHC tres válvulas; 300 PS (224 kW); Royale 100px Type 43 1927–1931 preto de 170 2262 cm³ I8 Motor Type-35 B con compresor Roots, 120 PS (89 kW) 100px Type 43 A 1928

2261 cm³ I8 OHC tres válvulas; deportivo de dúas prazas con motor Type 35 B

Type 44 1927–1931 1.095 2992 cm³ I8 OHC tres válvulas; sedán, sobre 1000 unidades 100px Type 45 1929–1930 1 3801 cm³ U16 1+1 Árbore de levas de tres válvulas, motor en V 100px Type 46 1929–1936 400 5359 cm³ I8 Novo motor SOHC de tres válvulas, 140 PS (104 kW) 100px Type 46 S 1930

5359 cm³ I8 OHC tres válvulas; turismo deportivo de luxo

Type 47 1930

2986 cm³ I6 OHC de 48 válvulas, coche de carreiras de fábrica, similar ó tipo 45 100px Type 49 1930–1934 470 3257 cm³ I8 Motor Type-44 100px Type 50 1930–1934 Preto de 100 4972 cm³ I8 Novo DOHC Motor de catro válvulas, 225 PS (168 kW); Turismo 100px Type 50 B 1937–1939

4972 cm³ I8 470 PS (350 kW) Motor Type-50; deportivo 100px Type 50 T 1937–1939

4972 cm³ I8 200 PS (150 kW) Motor Type-50; Cupé 100px Type 51 1931–1935 40 2262 cm³ I8 DOHC dúas válvulas, motor con compresor Roots; gañou o Gran Premio de Francia de 1931 100px Type 51 A 1931

1493 cm³ I8 DOHC dúas válvulas; coche de Gran Premio; como o Type 39 A 100px Type 51 C 1931

1991 cm³ I8 DOHC dúas válvulas; coche de Gran Premio; como o Type 35 C; tipo escaso

Type 52 1926 - 1930 Preto de 100 Motor eléctrico de 12 voltios Miniatura do T 35; 20 km/h 100px Type 53 1931–1932 2 ou 3 4972 cm³ I8 Motor Type-50, 300 PS (224 kW); con Tracción nas catro rodas para carreiras de montaña 100px Type 54 1931

4972 cm³ I8 DOHC dúas válvula; automóbil de carreiras; motor desenvolvido a partir do Tipo 50 100px Type 54 GP 1932–1934 4 ou 5 4972 cm³ I8 Motor Type-50, 300 PS (224 kW)

Type 55 1932–1935 38 2262 cm³ I8 Motor Type-51, 130 PS (97 kW) 100px Type 56 1931 3 Motor eléctrico 36 voltios "Phaeton Biplace"; scooter con 1´2 PS (100-Ah baterías de 6 voltios en serie(?)) para pilotar pola fábrica

Type 57 1933–1939 Preto de 725 3257 cm³ I8 2× OHC-Motor monobloque, 135 PS (101 kW); turismo 100px Type 57 C 1937–1940

3257 cm³ I8 "Tank"; 160 PS (119 kW); como o Type 57 pero con compresor; gañou as 24 horas de Le Mans de 1939 100px Type 57 G 1936–1939

4743 cm³ I8 "Tank"; gañou o Gran Premio de Francia de 1936 e 1937 100px Type 57 S 1936–1938 17 3257 cm³ I8 175 PS (130 kW); Atalante 100px Type 57 S/45 1936–1939

4743 cm³ I8

Type 57 SC 1937–1938

3257 cm³ I8 200 PS (150 kW); Atlantic 100px Type 59 1934–1936 6 ou 7 3257 cm³ I8 250 PS (186 kW) compresor Roots 100px Type 64 1939 4 4432 cm³ I8 DOHC dúas válvulas; prototipo; caixa de cambios Cotal; freos hidráulicos 100px Type 68 1946

369 cm³ I4 OHC de catro válvulas, prototipo de coche pequeno 100px Type 73 1943–1947 2 1488 cm³ I4 DOHC tres válvulas

Type 73 A 1947

1488 cm³ I4 OHC tres válvulas; prototipo de turismo deportivo 100px Type 73 C 1947

1488 cm³ I4