Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerceu como profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.
Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. Foi promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.
Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións, como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.
Publicacións Literatura infanto-xuvenil Proxecto pomba dourada (1987) Vía Láctea. Reeditado por Xerais, Colección Fóra de Xogo. 4ª ed. 2007. 160 páxs. ISBN 978-84-9782-609-9. ePub: ISBN 978-84-9121-170-9. O Gato Bógar (1989). Xerais. ISBN 978-84-7507-376-7. Tres contos. A malvada María Xosé (1989). Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xosé Mª Collazo. 192 páxs. 11ª ed. ISBN 978-84-9782-498-9. A cor do elefante (1994). Casals. Anxos en tempos de chuvia (1997) Xerais, Colección Fóra de Xogo. 224 páxs. 13ª ed. ISBN 978-84-9782-682-2. Traducida ao catalán, ao portugués e ao castelán. Novela, incluída na Lista de Honra do IBBY. O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos (1998). A primeira máquina de fotos (1998). María é maior (2007). Baía. 24 paxs. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-96893-26-9. Contos de Reis e de Nadal (2007). Xerais. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-9782-632-7. Xurxiño quere ser... (2010). Baía. 56 páxs. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-92630-44-8. Traducida ao catalán. O souto escuro e perigoso (2011). Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xosé Tomás. 40 páxs. ISBN 978-84-9914-097-1. Fadita fosca (2013). Baía. 48 páxs. ISBN 978-8499950747. O moucho voa. Filosofía en 25 conversas (2022). Vigo: Xerais, Seica. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-143-1. ePub: ISBN 978-84-1110-162-2.
Narrativa Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993). Xerais. ISBN 978-84-7507-755-0. Demos de verán (2017). Xerais. 296 páxs. ISBN 978-84-9121-238-6. ePub: ISBN 978-84-9121-238-6.
Poesía Follas acaídas. Versos de ocasión (2013). Aflera D.L., Madrid. ISBN 978-84-96523-54-8.
Ensaio
Ilustradores galegos para nenos (1991). Xerais. ISBN 84-453-0212-4.
Marabillas e milagres de Álvaro Cunqueiro (1991). Xerais. ISBN 84-7507-562-2. Nietzsche C.O.U. (1991). Xerais. ISBN 84-7507-538-X. O Curriculum (1992). Xerais. ISBN 84-7507-656-4. Qué é a reforma (1992). Xerais. ISBN 84-7507-614-9. Iniciación á Estética 3º BUP (1993). Xerais. ISBN 978-84-7507-736-9. Política e Sociedade 3º BUP (1993). Xerais. ISBN 978-8475077512. Mandar, obedecer, rebelarse (1996). Xerais. ISBN 84-8302-033-5. Estética e teatro (2005). Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-8288-881-1. Valores sociais (2006). Nova Galicia. ISBN 84-85401-32-8. En Portugués: Os valores sociais (2008). Ciranda Cultural, Sao Paulo. ISBN 978-85-380-0197-3. Dereitos humanos (2007). Noga Galicia. ISBN 978-84-96950-61-0. En Portugués: Os direitos humanos (2008). Ciranda Cultural, Sao Paulo. ISBN 978-85-380-0159-1. Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019). Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-9221-560-8. ePub: ISBN 978-84-9121-576-9. De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022). Edicións Positivas. 102 páxs. ISBN 978-8412475449.
Traducións A luva de tres dedos, de Maurice Tillieux, 1990, Casals. Descartes, de Xosé Calviño Pueyo, 1990, Xerais. O tío Plácido, de Peyo e Walthéry, 1990, Casals. Os taxis vermellos, de Peyo, 1991, Casals. O circo Bodoni, de Peyo, Casals, 1991. O home que non quería soñar. Historias pequenas de bichos pequenos, de Álvaro de Magalhaes, 1995, Xerais O discurso do método, de René Descartes, 2000, Xerais. Arredor da verdade, de Guillermo Domínguez, 2003, Xerais.
Obras colectivas O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, incluído en Os contos da campaña (3), 1992, Xunta de Galicia. A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, en Sempre no Camiño. 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago, con Gloria Sánchez, 1995, Xunta de Galicia. Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
Premios Premio Camiño de Santiago de Teatro de monicreques no 1993, pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Corcubión
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela