Luís Soto Menor, nado en Zaín (parroquia de Seixalbo en Ourense) o 2 de marzo de 1881 e finado en Lugo o 1 de febreiro de 1964,Necrolóxica en El Progreso, 2-2-1964, p. 4. foi un mestre e inspector educativo galego.
Traxectoria Un tío sacerdote convenceuno para estudar no Seminario. Despois marchou a Madrid a estudar Filoloxía, aprobou as oposicións de Maxisterio e foi destinado ao Carballiño, onde fundou a Asociación de Mestres do Carballiño. Foi mestre en Ourense e presidente da Asociación Provincial do Maxisterio de Ourense (1915). En 1917 foi nomeado inspector xefe de ensinanza en Lugo. Desde este cargo realizou unha intensa labor de creación de escolas na provincia, creou o padroado das colonias escolares en 1928 e contribuíu a organizar os Congresos Pedagóxicos de Lugo de 1923 e 1933. Proposto pola Asociación Provincial do Maxisterio lucense, presentouse como candidato do Partido Radical Socialista ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia de Lugo, pero non resultou elixido. Volveu ser candidato Radical Socialista nas eleccións de novembro de 1933 e tampouco saíu elixido. Tamén participou na redacción do Estatuto de Galicia. Integrouse en Unión Republicana e foi membro do Comité de propaganda para o referendo do Estatuto en 1936. Colaborou no xornal La Provincia e nas revistas Vida Escolar e La Unión del Magisterio asinando os seus artigos como Maestro de Zaín.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído, estivo encarcerado e viuse obrigado a alimentar a familia vendendo marmelos e pementón. Foi restituído no seu cargo en 1964, meses antes de morrer.
Vida persoal Casou con Dolores Cardero Outeiriño e foi pai de Carmen, Dolores, Consuelo, María Luisa, María del Rosario, José Luís e María de la Cruz Soto Cardero.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas María Dolores Seijas: El legado de mi abuelo es que la cultura es la base de la libertad
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Políticos do Partido Radical Socialista