Ramón Landriz Lenza, finado en Lugo o 27 de outubro de 1915, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Empregado de Facenda. Despois foi procurador. Membro do Partido Conservador e amigo de Manuel Vázquez de Parga, foi concelleiro en Lugo dende 1891. Logo da dimisión de Ángel López Pérez en febreiro de 1910, foi nomeado alcalde de Lugo por Real Orde en abril, permanecendo no cargo ata 1911. Foi presidente da banda municipal de Lugo e do Orfeón Gallego. Finou en Lugo o 27 de outubro de 1915.Necrolóxica en El Regional, 28-10-1915, p. 3.
Vida persoal Casou con Josefina Merckling Hemmer.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1915 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes