A relinga (de ralinga, á súa vez do francés ralingue,O termo francés é, segundo os etimoloxistas, un préstamo do antigo nórdico *rár-línk, composto por rar, xenitivo de rá, "vara", e lík, "o bordo dunha vela".) é un dos bordos das velas chamadas de relinga. Consiste no bordo que queda a proa da embarcación e que se enfronta ó vento. A relinga leva unha costura reforzada que alberga no seu interior un cabo que ten como misión manter tenso a beira de relinga para que poida corta-lo vento e facer que a vela porte. A punta baixa da relinga é chamada puño de relinga e é con ela que a vela se amura.
Tamén se chama relinga (ou tralla) a un cabo que se cose en cada un dos bordos das redes ou artes de pesca, especialmente nas de deriva. Na chamada relinga superior estaban colocadas antigamente as cortizas que aseguraban o sostemento e flotabilidade da rede, e que hoxe están substituídas por flotadores de plástico, mentres que na relinga inferior se sitúan as chumbadas que facilitan o calado da rede, mantendo así, entre ambas as dúas, a rede tensa.
Notas
Categoría:Pesca Categoría:Partes dun barco