O Gorilla beringei é unha das dúas especies do xénero Gorilla e o maior primate existente na actualidade. Á súa vez, o Gorilla beringei está dividido en dúas subespecies: o Gorilla beringei graueri e o Gorilla beringei beringei. O primeiro é o máis abondoso, con entre 4.000 e 5.000 individuos: "The Eastern Lowland Gorilla population in the DRC has plummeted dramatically over the last 10 years, with probably only about 5,000 of the formerly 17,000 animals remaining.", mentres que en novembro de 2012, estimouse que a poboación total de Gorilla beringei beringei ascendía a 880. A pesar de que o seu número está medrando lentamente con respecto a anos anteriores, o Gorilla beringei beringei segue a considerarse como unha especie en perigo crítico de extinción. Ademais, algúns científicos consideran unha terceira subespecie coñecida como Gorilla beringei beringei de Bwindi (que representa arredor da metade da poboación de Gorilla beringei beringei).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Gorilla beringei en Iucnredlist.org Páxina web de Animal Diversity:Gorilla beringei
Categoría:Primates Categoría:Animais descritos en 1903 Categoría:Mamíferos de Ruanda Categoría:Mamíferos da República Democrática do Congo Categoría:Mamíferos de Uganda