Ramón Maseda Reinante, nado en Ribadeo o 29 de abril de 1880 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Oficial do Ministerio de Mariña. Foi presidente da Agrupación Socialista da Coruña, secretario da Liga Española de los Derechos del Hombre e presidente do Centro Cultural Sociedad Antorcha Galaica del Libre Pensamiento. Foi promotor do grupo de vivendas unifamiliares do Campo Volante da Coruña.
En abril de 1936 foi elixido compromisario para a elección do presidente da República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo, ingresou na prisión provincial onde estivo incomunicado. Sometido a consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Joaquín Martín Martínez e Francisco Mazariegos Martínez.La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4. miniatura|Monumento a Ramón Maseda Reinante no Campo de Marte da Coruña. Homenaxes
Dende 2003 unha rúa de Culleredo leva o seu nome."Culleredo amplía su callejero con veinte nombres…" La Voz de Galicia, 1/5/2003. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados