thumb|Piper cubeba, Cubeb, Pementa de Cubeb. thumb|Piper retrofractum Piper é un xénero económica e ecoloxicamente de grande importancia da familia Piperaceae, cunhas 1.000 especies aceptadas, das máis de 3.770 descritasPiper en The Plant List entre arbustos, herbas, e rubideiras, das cales hai especies sobreabundantes no seu hábitat nativo, mentres outras son graves invasoras en áreas introducidas. O xénero ten especies interesantes para estudar historia natural, química de produtos naturais, ecoloxía de comunidades, bioloxía evolucionaria. Coñécense vulgarmente coma pementeiras. Dalgunhas especies tírase a pementa, coñecido condimento.
Hábitat e distribución As especies de Piper teñen unha distribución pantropical, e son moi comúns de terras baixas de selvas tropicais, mais aparecen a maiores altitudes; unha especie (P. kadsura do sur do Xapón e sur de Corea) é subtropical e tolera invernos liviáns con xeadas.
Ecoloxía As especies do xénero Piper empréganse coma organismo modelo en estudos en ecoloxía e bioloxía evolucionaria. A importancia ecolóxica e a súa diversificación xenérica faina candidata para ditos análises, e tamén se ten focalizado en investigación económica con importantes especies como P. nigrum (pementeira negra), Piper methysticum, e Piper betle).
Acháronse formigas mutualistas nalgunhas especies de Piper con forte influencia na súa bioloxía, polo que son sistemas ideais para estudar a evolución da simbiose e o efecto do mutualismo en comunidades bióticas.
As pementeiras adoitan dominar a flora do ecosistema onde se achan.
Especies máis comúns Piper auritum e Piper sanctum - pementeira mexicana Piper betle - betel Piper cenocladum - (pementeira das formigas) Piper cubeba - Cubeb (tamén coñecida coma pementeira de Xava) Piper darienense - de Panamá Piper elongatum - matico Piper gaudichaudianum - (pariparoba, Arxentina) Piper guineense - pementeira de Benín Piper kadsura - "pementeira xaponesa" (Hūtōkazura) Piper imperiale - (pementeira de Malia) Piper longum - pementa longa Piper methysticum - Kava Piper nigrum - pementeira a máis común (da que se obtén a pementa negra, branca e verde) Piper ornatum - Piper retrofractum Vahl - Cabe jawa (Sueste asiático)
Tamén están aceptados uns 50 táxones infra-específicos dos case 400 descritos.
Doenzas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pementa (especie) Pementeira (planta) Pemento (planta) Pemento (condimento)
Bibliografía Dyer, L.A. and A.N. Palmer. 2004. ''Pimienta: un género modelo para estudios de evolución, ecología química, e interacciones tróficas'. Kluwer Academic Publishers, Boston. ISBN 0-306-48498-6
Ligazóns externas