é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 20 de abril do 2002.

En galego, estreouse na TVG o 31 de xullo do 2013.

Sinopse O novo xogo de realidade virtual trasládanos ao Londres do século XIX. Comezan as aventuras dun grupo de nenos e do noso heroe.

O detective Conan trasládase por vez primeira ao mundo do Londres do século XIX. Nesta ocasión, el e mailos seus amigos fan uso dunha máquina de realidade virtual: o Casulo. O rei da informática, Thomas Schindler, presenta a máquina nunha festa na que cincuenta cativos ricos e famosos, son convidados a probala. Mais ninguén é consciente de que se os nenos non pasan o xogo este terminará coas súas vidas.

Unha vez que comeza o xogo, os Casulos trasladan os nenos aos distintos mundos virtuais. Por causa dos obstáculos preprogramados, os nenos arriscan a súa existencia neste xogo a vida ou morte. Aventuras nesta cidade histórica envolta na néboa por puntos de referencia tan coñecidos coma o Big Ben, White Chapel ou a Casa da Ópera e acompañada por personaxes coma Sherlock Holmes, o profesor Moriarty ou o infame Jack o Destripador.

O único xeito de volver ao mundo real é que quede, polo menos, un supervivente. Todas as esperanzas están postas en Conan para fuxir deste mundo terrible e misterioso. Cal será o seu fado?

Dobraxe Estudio: SODINOR S.A. Data: 2013. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataYusaku KudoLuís IglesiaHideyuki TanakaYukiko Kudo / Irene AdlerXermana CarballidoSumi ShimamotoInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiInspector ShiratoriCésar CambeiroKazuhiko InoueAi HaibaraHelena AmoedoMegumi HayashibaraAxente ChibaAntón RubalIsshin ChibaHiroki Sawada / Arca de NoéAna LemosAi OrikasaHideki MoroboshiCarolina VázquezMegumi OgataShinya TakizawaGelos RosadoUrara TakanoAkira EmoriAna MaciñeirasRikako AikawaSeichiro KikugawaXermana CarballidoMitsuki SaigoTadaaju KashimuraAntón OlmosHiroaki HirataCoronel MoranAntón CancelasYuzuru FujimotoTetsunosuke EmoriAntón CancelasEisuke YodaToshio MoroboshiXavier PerdizRyuichi HoribeProfesor MoriartyXavier PerdizKiyoshi KobayashiCocheiro de MoriartySantiago Cortegoso?Jack o DestripadorAntón OlmosSho HayamiSeñora HudsonLucía CidKei HayamiVagabundo Luís IglesiaKatsuhisa HokiRevisor do trenManuel Pombal?Axente de LondresManuel Pombal?PistoleiroSantiago CortegosoToshihiko NakajimaThomas ShindlerXosé Manuel RodríguezMasane TsukayamaXornalista TMSNora AbadMAIXornalista TVBeatriz García?GardacostasCésar Cambeiro?Presentador CasuloAntón Rubal?

Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Everlasting" ("Eterno"), interpretada por B'z.

Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2003.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes sobre Jack o Destripador Categoría:Filmes ambientados en 1888 Categoría:Filmes de 2002 con versión en galego