Merluccius é un xénero de peixes osteíctios mariños da orde dos gadiformes, o tipo da familia dos merluccíidos, que inclúe ás pescadas, especies de grande importancia comercial que se distribúen polo norte do océano Atlántico e o sur e leste do Pacífico.Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77-81. Ver en PDF.

Etimoloxía O nome do xénero tipo deriva do latín medieval merlutius ou merluccius, do latín clásico merulis, -us ou merula, -ae, "merlo" (e tamén o nome de certo peixe), e lutius, -us, "lucio".Webster's Unabridged Dictionary.

Descrición Teñen dúas aletas dorsais cos primeiros raios espiñentos. A segunda aleta dorsal e a aleta anal cunha fendedura posterior. Carecen de barbelas no mento. A boca é grande, situada en posición terminal. Teñen dentes na parte dianteira do óso vómer, e a maioría das especies teñen os dentes longos e afiados. As escamas son pequenas, e de tipo cicloide.FishBase

Hábitat e forma de vida

As especies do xénero Merluccius son voraces depredadores que habitan na plataforma continental e na parte superior do noiro continental.

Especies O xénero comprende 14 especies recoñecidas:Merlucciiinae en NCBI. Merluccius albidus Merluccius angustimanus Merluccius australis Merluccius australis australis Merluccius australis polylepis Merluccius bilinearis Merluccius capensis Merluccius gayi Merluccius gayi gayi Merluccius gayi peruanus Merluccius hernandezi Merluccius hubbsi Merluccius merluccius – Pescada Merluccius paradoxus Merluccius polli Merluccius polli cadenati Merluccius polli polli Merluccius productus Merluccius senegalensis Merluccius vulgaris

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77-81. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Gadiformes Merluccíidos Pescada

Ligazóns externas Encyclopedia of Life Animal Diversity Web ZipCodeZoo Barcodes of Life GBIF NCBI Nomenclator Zoologicus ITIS AnimalBase

Categoría:Gadiformes