é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 19 de abril do 2003.
En galego, estreouse na TVG o 2 de agosto do 2013.
Sinopse Un segredo oculto nun taboleiro do xogo do go... O escenario do novo filme do detective Conan é a antiga capital xaponesa: Kyoto.
As cinco vítimas dunha serie de asasinatos que acontecen alí son membros da gavela de ladróns Genji Botaru, que se dedicaron no pasado a furtar estatuas famosas de Buda e outras obras de arte. Desta vez Heiji, un detective adolescente con moita sona e rival e amigo de Conan, axudará coa resolución do misterio. Tamén aparecerá Kazuha, a moza de Heij. Os espectadores han gozar vendo as escenas de amor entre esta parella e a de Conan e Ran, e mais os versátiles trucos que se irán amosando na longametraxe.
Conan atópase en Quito xunta Ran e o detective Mouri para investigar o roubo dun tesouro nacional do célebre Templo Sanno hai oito anos. A única pista para dar co paradoiro é unha imaxe misteriosa. Conan, sospeitando que o roubo está relacionado co caso dos asasinatos en serie, comeza a investigar. Xunto con Heiji, unirase nunha procura chea de perigos e sorpresas. Unha canción infantil abre a porta da memoria que axudará a dar co misterio que se oculta na misteriosa imaxe.
Será quen Conan de saír da encrucillada que envolve xa máis dun século de historia?
Dobraxe Estudio: Sodinor Data: 2013. Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea. Tradución: María Alonso Seisdedos. Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal Conan EdogawaTeresa SantamaríaMinami TakayamaShinichi KudoGaspar SomozaKappei YamaguchiRan MouriIsabel VallejoWakana YamazakiKogoro MouriMatías BreaAkira KamiyaHiroshi AgasaPaco BarreiroKenichi OgataInspector MegureAlfonso ValiñoFurin ChaGenta KojimaAntón ReyWataru TakagiMitsuhiko TsuburayaMontse DavilaIkue OtaniAyumi YoshidaMarián MuíñoYukiko IwaiSonoko SuzukiNora AbadNaoko MatsuiInspector ShiratoriCésar CambeiroKazuhiko InoueAxente TakagiManolo PombalWataru TakagiAi HaibaraHelena AmoedoMegumi HayashibaraAxente SatoMontse DavilaAtsuko YuyaHeiji HattoriMonti CastiñeirasRyo HorikawaKazuha ToyamaXermana CarballidoYuko MiyamuraInspector OtakiAntón CancelasNorio WakamotoFuminaro AyanokojiAntón OlmosRyotaru OkiayuRokuro KameiCarlos Jiménez DíazKozo MitoShichiro WashinoManolo PombalShinobu SatochiHachiro KataokaAlfonso AgraKiyomitsu MizuchiRyuenSantiago CortegosoDaiki NakamuraEnkaiAlfonso AgraKeisuke IharaShozo SakuraXavier PerdizSaburo KameiShuntaro MizuoCarlos Jiménez DíazKoji YusaTaiga SaijoAntón RubalHirotaka SuzuokiTae YamakuraLucía CidHiroko SuzukiChikasuzuBeatriz GarcíaMari AdachiKayo IchiAna LemosRei Sakuma
Música A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Time after Time ~Hana mau machi de~ " (O tempo tras o tempo ~Os pétalos das flores levitan no ar~ ), interpretada por Mai Kuraki.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2004.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de O detective Conan Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego