Jenő Fuchs (en húngaro: Fuchs Jenő), nado en Budapest o 29 de outubro de 1882 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1955), foi un tirador de esgrima húngaro, gañador de catro medallas olímpicas de ouro.
Traxectoria Fillo dun impresor da editorial Pallas, estudou Dereito na Universidade de Budapest. Practicante de esgrima fóra dos circuítos habituais húngaros, nunca gañou un torneo importante no seu país. Presentouse ás probas preolímpicas e logrou unha praza, participando así, aos 25 anos, nos Xogos Olímpicos de 1908 celebrados en Londres, onde gañou a medalla de ouro nas probas de sabre individual e por equipos. Pese a non disputar competicións nos catro anos anteriories, revalidou as medallas nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo, converténdose no primeiro campión olímpico en revalidar o seu título individual na modalidade de sabre.
Na segunda guerra mundial foi chamado ao servizo, pero como xudeu non podía entrar no exército polo que serviu nunha brigada de traballo.Leonard Greenspoon Jews in the Gym: Judaism, Sports, and Athletics Atacados polos rusos Fuchs e o resto dos traballadores colleron as armas dos militares caídos para defenderse e fixeron retirarse aos rusos, pola heroica axuda ao seu batallón Fuchs recibiu, co resto dos seus compañeiros, a Cruz de Ferro de II Clase en Berlín e puideron volver aos seus fogares. Despois da derrota alemá en 1945 estivo en prisión polo acontecido durante a guerra.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas www.olympic.org - Jenő Fuchs www.sports-reference.com - Jenő Fuchs
Categoría:Nados en 1882 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Esgrimistas olímpicos de Hungría Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Hungría Categoría:Nados en Budapest Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908 Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912