Erminde é un lugar da parroquia de Figueiroa no concello coruñés de Abegondo na comarca da Coruña. Xunto coa Manga, A Praza e a NespereiraO Instituto Nacional de Estadística considera o núcleo rural de "Figueroa" agrupando as poboacións dos lugares da Manga, Erminde, A Praza e a Nespereira, que están case anexos en 2016 contaba con 108 persoas, 52 mulleres e 56 homes.

O tradicional núcleo rural de Erminde atópase no centro da parroquia e apegado ao lugar da Praza, separado pola Volta do Campo. Nel está a antiga escola da "Ave María do Neno Xesús", actual centro social da parroquia.

Porén, no último plano urbanístico do concello de Abegondo a denominación de Erminde acaeu nunha nova zona urbanizada no que tradicionalmente se lle chamou Os Quenllos. Lugares e parroquias Lugares de Figueiroa

Parroquias de Abegondo

Notas

Categoría:Lugares de Abegondo