El origen perdido é unha novela en lingua castelá da escritora española Matilde Asensi, publicada pola Editorial Planeta en 2003.

Sinopse Unha estraña enfermidade que deixou ó seu irmán en estado vexetativo leva ó hacker e empresario informático Arnau Queralt a comezar unha investigación arqueolóxica sobre o Imperio Inca, as ruínas de Tiwanacu e a selva amazónica, tralas pegadas dunha civilización perdida. O lector segue con Arnau e os seus amigos, Marc e Lola, nunha viaxe a través do coñecemento, descubrindo algúns misterios sen resolver na historia da Humanidade, os paradoxos da Teoría da Evolución e o verdadeiro papel dos conquistadores na colonización de América.

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina oficial de Matilde Asensi Portada en Editorial Planeta

Categoría:Novelas en castelán Categoría:Obras literarias de 2003