O Klub hokeja na ledu Medveščak Zagreb ou KHL Medveščak Zagreb, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zagreb (Croacia). Foi fundado en 1961 e dende a tempada 2013-14 compite na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL). O seu nome deriva da localización do seu estadio orixinal no distrito de Gornji Grad – Medveščak. Actualmente xoga os seus partidos como local no Arena Zagreb, un pavillón con capacidade para 16.200 espectadores.
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Croacia