Pascual Aenlle Aguiar, nado en Trabada e finado en Madrid en setembro de 1925, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria Emigrou coa familia aos Estados Unidos de América. Despois pasou a Cuba. Notario público e oficial do Centro Gallego, do que foi secretario e vicepresidente executivo. Foi fundador de Unión Rinlega, presidente de honra de Hijos de Trabada e vicepresidente de Hijos de Lorenzana en Cuba. En 1905 fundou e dirixiu Juventud Gallega. Tamén dirixiu durante unha tempada a revista Follas Novas e colaborou en A Terriña. Ideou e participou na comisión de homenaxe a Pascual Veiga que organizou a estrea do Himno Galego na Habana en 1907. Foi presidente de Centro Gallego de La Habana. En 1925 veu a España para repoñerse dunha enfermidade, pasou un tempo no Balneario de Mondariz,La Temporada en Mondariz, 2-8-1925, p. 7. e logo marchou a Madrid onde finou en setembro de 1925.El Regional, 29-9-1925, p. 3.Diario de la Marina, 29-9-1925, p. 10.

Vida persoal

Casou con María Isabel de Vega Flores en 1916,Diario de la Marina, 29-6-1916, p. 4. e foi pai de Carmen Luisa e Marieta Aenlle Vega.

Notas

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas de Trabada Categoría:Nados en Trabada Categoría:Finados en 1925