As Nocardiáceas (Nocardiaceae) son unha familia de bacterias aerobias, grampositivas de elevado contido GC, da orde Actinomycetales, que se encontran comunmente no solo e na auga.Stackebrandt, E., Rainey, F.A. and N.L. Ward-Rainey. 1997. Proposal for a new hierarchic classification system, Actinobacteria classis nov . Int. J. Syst. Bacteriol., 1997, 47:479-491. Illáronse membros desta familia nos solos antárticos.Aislabie, J. Ecosystems Processes in Antarctic Ice-Free Landscapes. "Hydrocarbon-degrading bacteria in oil-contaminated soils near Scott Base, Antarctica." Page 257. As Nocardiaceae poden ser cocobacilos, bacterias filamentosas, ou, máis raramente, formas fragmentadas e palisadas, e as especies filamentosas crecen seguindo un patrón morfoloxicamente ramificado similar ás hifas dos fungos.Bitton, G. Wastewater Microbiology. "Foam Microbiology." page 229.

Xenómica

As Nocardiaceae forman un clado monofilético dentro da súa orde tanto nas árbores filoxenéticas baseadas nos ARNr 16S coma en proteínas.Ludwig, W.; Euzéby, J.; Schumann, P.; Busse, H. J. R.; Trujillo, M. E.; Kämpfer, P.; Whitman, W. B. (2012). "Road map of the phylum Actinobacteria". Bergey's Manual of Systematic Bacteriology. p. 1. doi:10.1007/978-0-387-68233-4_1. ISBN 978-0-387-95043-3. Gao, B.; Gupta, R. S. (2012). "Phylogenetic Framework and Molecular Signatures for the Main Clades of the Phylum Actinobacteria". Microbiology and Molecular Biology Reviews 76 (1): 66–112. doi:10.1128/MMBR.05011-11. PMC 3294427. PMID 22390973. Identificáronse nelas varios indeis sinatura conservados e proteínas sinatura conservadas, que só se atopan nos xéneros Nocardia e Rhodococcus, o que apoia que existe unha estreita relación entre eses dous xéneros. Fixéronse recentemente propostas baseadas en nucleótidos sinatura do ARNr 16S e marcadores quimiotaxonómicos, para engadir á familia Nocardiaceae os xéneros Gordonia, Skermania, Williamsia, Millisia, e Smaragdicoccus. Porén, non se encontraron nestes xéneros indeis sinatura conservados nin proteínas comúns ás compartidas xeralmente por Nocardia, Rhodococcus e Gordonia, que son os membros co xenoma completamente secuenciado na revisión proposta das Nocardiaceae.

Patoxenia

Alogunhas especies colonizan os animais, e membros de Nocardia e Rhodococcus poden causar infeccións en humanos e gando.Castellani, A. and A.J. Chalmers. 1919. Manual of Tropical Medicine, 3rd ed., Williams Wood and Co., New York, p. 1040.Kulich, S.M. and W.A. Pasculle. Final Diagnosis - Pneumonia, Hilar Lymphadenitis and Sepsis Secondary to Rhodococcus equi. The University of Pittsburgh School of Medicine. Retrieved October 20, 2007. Moitos membros desta familia teñen ácidos micólicos integrados na súa parede celular, e como resultado as Nocardia spp. poden ser confundidas con micobacterias cando se observan ao microscopio despois de facerlles a proba da resistencia a ácido-alcohol (acid-fastness).Nocardia: a serious matter for cows . Presentation images from: aids-images.ch. Retrieved October 20, 2007.

Usos ambientais

Escuma de augas residuais

As especies de Nocardia son con frecuencia responsables da acumulación de escuma que se produce nos lodos activados durante o tratamento de augas residuais.Blackall, L.L., Tandoi, V., Jenkins, D. 1991. Continuous culture studies with Nocardia amarae from activated sludge and their implications for Nocardia foaming control. Res. J. Water Pollution Cont. Fed. 63:44-50.Pitt, P., and D. Jenkins. 1990. Causes and Control of Nocardia in Activated Sludge . Res. J. Water Pollution Cont. Fed. 62:143-150.Blackall, L.L. 1994. Microorganisms in activated sludge and biofilm processes . Water Sci. Technol. 29:35-44. As escumas biolóxicas poden ser un problema para o proceso de tratamento de augas, e a súa acumulación redúcese ao engadir surfactantes ás augas residuais.Shao, Y.J., Starr, M., Kaporis, K., Kim, H.S., Jenkins, D. 1997. Polymer addition as a solution to Nocardia foaming problems. Water Enviro. Res., 69:25-27.Ho, C.F., Jenkins, D. 1991 Effect of surfactants on Nocardia foaming in activated sludge . Water Sci. Tech. 23:879-887.

Biorremediación de hidrocarburos

As Nocardiaceae do solo poden degradar hidrocarburos (como os destilados do petróleo) e foron propostas como axentes de biorremediación para tratar verteduras no ambiente.Aislabie, J., McLeod, M., and R. Fraser. Potential for biodegradation of hydrocarbons in soil from the Ross Dependency, Antarctica . Appl. Microbiol. Biotechnol. 49:210-214.

Cambios de nomenclatura

Na década de 1980, todas as especies de Nocardiaceae que estaban asignadas ao xénero Micropolyspora foron transferidas aos xéneros Nocardia, Nonomuraea da familia Streptosporangiaceae, ou ao Saccharopolyspora da familia Pseudonocardiaceae.Micropolyspora entry in LPSN [Euzéby, J.P. (1997). "List of Bacterial Names with Standing in Nomenclature: a folder available on the Internet". Int J Syst Bacteriol 47 (2): 590–2. doi:10.1099/00207713-47-2-590. ISSN 0020-7713. PMID 9103655. Isto supuxo a súa desaparición como xénero con status oficial actual, pero o nome segue aparecendo nos artigos de investigación anteriores a esa data.

Notas

Categoría:Actinomycetales