miniatura|230px|Detalle da cabeza. Unha sabela (Alosa fallax) é un peixe da familia dos clupeidos moi semellante á zamborca, polo que tamén se coñece con este nome.Ríos Panisse (1977)Rodríguez Viilanueva et al. (1995), pp. 26-27.

Características De corpo alongado, fusiforme, comprimido lateralmente, de até algo máis de 60 cm de lonxitude nas femias (os machos son máis pequenos) e 1,5 kg de peso e alonga, ten a aleta dorsal no medio do lombo, algo máis cerca da cabeza que do pedúnculo caudal. Ten de 60 a 65 escamas sobre a liña lateral.Muus, Preben J. (1998), pp.92-93.

A coloración é azul verdosa no dorso e prateada nos flancos e na rexión ventral. Presenta unha ou dúas manchas negras detrás do opérculo e de 6 a 10 pintas, tamén negras, a cada lado o corpo.

Hábitat e bioloxía A sabela distribúese polas costas do Atlántico nororiental, desde o sur de Islandia e o golfo de Botnia até o extremo norte do noroeste africano, e por todo o Mediterráneo, até o oeste e o sur do mar Negro, formando cardumes.Ver mapa de distribución en FishBase.

É unha especie anádroma, que penetra nos esteiros salobres e sobe polo grandes ríos na primavera para a reprodución. Esta realízase en fondos de area ou grava, e a femia pon uns 200 000 ovos, peláxicos, que van á deriva e se desenvolven rapidamente, nun período de 2 a 8 días. Despois da desova, os adultos regresan ao mar.

As crías permanecen nos ríos e esteiros até que alcanzan os 5 ou 6 cm de lonxitude. Acadan a madurez sexual aos 3 ou 4 anos, cando miden de 30 a 40 cm.

Aliméntase de zooplancto de larvas der peixes.

En Galicia A presenza da sabela en Galicia foi rexistrada por de Buen en 1935, en fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde a desembocadura do Miño até Fisterra.Solórzano et al, (1988), p. 19.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos Clupeiformes Clupeidos Alosa Ligazóns externas Alosa fallax (Lacepède, 1803) en FishBase. Contén informacións sobre a especie, numerosas imaxes e mapa de distribución.

Categoría:Clupeiformes Categoría:Animais descritos en 1800