Unha aférese ou ablación é un metaplasmo fonolóxico (ou fonético) que consiste na eliminación dun ou varios fonemas (ou sons) na posición inicial dunha palabra ou secuencia fónica. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua ou sincronicamente en diferentes variedades diatópicas. Pode darse pola transformación do elemento inicial nun artigo debido a unha confusiónJean Dubois Dicionário de lingüística. Cultrix, 9ª ed, 2004, páxina 19, como o caso de bodega e botica que derivan do latín apothecaXaime Varela. Léxico cotián na Alta Idade Media: a arquitectura civil. Verba, anexo 62, 2008, páxina 29.
Este fenómeno lingüístico, amais de darse no proceso de formación das linguas, dáse tamén na actualidade, como se pode observar nos seguintes exemplos: lectorile (latín vulgar) > letril > latril > atril. perda da vogal inicial: atopar > *topar perda dunha sílaba inicial: ña nai, miña santiña (Rosalía de Castro) paso de estar a *tar ou de vamos a *mos.
Notas
Categoría:Historia da lingua Categoría:Dialectoloxía Categoría:Fonética Categoría:Fonoloxía Categoría:Morfosintaxe