No antigo politeísmo celta, Camulus ou Camulos era deus que os romanos interpretaron como Marte."Camulus." A Dictionary of Celtic Mythology. Oxford University Press, 1998, 2004. Foi unha deidade importante na antiga Britania e Galia, especialmente entre os remos, unha tribo gala que viviu nunha área da moderna Bélxica.
Camulus aparece xunto a Marte en cinco inscricións achadas en Reims,ILTG 351. Inscriptions as cited by Bernhard Maier, Dictionary of Celtic Religion and Culture (Boydell & Brewer, 1997, originally published in German 1994), p. 57. Arlon,CIL 13.3980. Rindern,CIL 13.8701. Maguncia,CIL 13.11818. e Bar Hill, Escocia.RIV 2166. O nome Camulos aparece nunha inscrición votiva de Roma.CIL 6.3.
En Rindern, Alemaña, Mars Camulos aparece nunha pedra cunha coroa de carballo. Noutro lugar foi representado con cabeza de carneiro. Probas da súa popularidade pódense ver nos numerosos topónimos, sendo o máis salientable Camulodunum.
O asentamento de Camulodunum (hoxe Colchester) en Essex pode deber o seu nome ó deus, e é a posible base da cidade lendaria de Camelot.
Notas
Categoría:Deuses galos Categoría:Deuses da guerra