A Pinacoteca "Francisco Fernández del Riego" é un espazo museístico aberto no ano 2011 na cidade de Vigo, de titularidade municipal.La pinacoteca ya se llama Francisco Fernández del Riego La Voz de Galicia 26/4/2011 .
Descrición miniatura|esquerda|Placa conmemorativa da inauguración.
A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade e está permitido tirar fotografías (sen flash nin trípode). A exposición As exposicións son temporais, procedentes dos fondos do Concello de Vigo, ao igual que no caso do Museo Municipal Quiñones de León. Co comisariado de Xosé Carlos López Bernárdez, amósanse máis de 160 pezas de máis de 80 autores, incluídos cadros do legado de José Policarpo Sanz Souto, outros cedidos polo Museo do Prado no ano 1935Las obras cedidas por el Prado y las de Lugrís serán restauradas Faro de Vigo 9/3/2008 . e a mellor colección de pintura galega.La mejor colección de pintura gallega para la primera pinacoteca de Vigo El Mundo 27/3/2011 .
Entre as obras de artista galegos están: Interior dunha igrexa de Jenaro Pérez Villaamil, nove debuxos do escultor Isidoro Brocos, unha Paisaxe de Serafín Avendaño, Alfredo Souto Cuero, Fernando Álvarez de Sotomayor, Francisco Lloréns, Muller sentada de Carlos Maside, Maternidade de Manuel Colmeiro, Habitación do vello mariño de Urbano Lugrís,Habitación do vello mariño é, probablemente, a obra máis importante da exposición. Luís Seoane, O místico de Isaac Díaz Pardo, O cego de santa Margarida de José Seijo Rubio,O cego de santa Margarida ca 1936, óleo/lenzo, 122x96 cm, de José Seijo Rubio. Exvoto de Juan Luis,Exvoto ca 1925, óleo/lenzo, de Juan Luis López. Anticoli e Autorretrato de Antonio Fernández Gómez,Anticoli, 1923, óleo/lenzo, 98x93 cm e Autorretrato, 1923, óleo/lenzo, 59x48 cm de Antonio Fernández Gómez. Costa da Bretaña de Germán Taibo, Nena da galería de Carmen Rodríguez de Legísima,Nena da galería óleo/lenzo, 95x68 cm, de Carmen Rodríguez de Legísima. Retrato de Jose Mª Colmeiro Reyna de Joaquín Vaamonde Cornide, O Pontigo de Felipe Bello PiñeiroO Pontigo, óleo/lenzo, 31x49 cm, de Felipe Bello Piñeiro., Espíritu Santo de Antón Lamazares, Rectángulo con amarelo e liñas sobre o plano de Luis Caruncho, algúns debuxos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, así como varias esculturas, entre elas unha de madeira de Camilo Nogueira Martínez.
Outros cadros expostos son Embriaguez de Sileno de Daniel Vertangen, Pavos atribuído a Melchior de Hondecoeter, Trunfo de Baco e Sileno de Adriaen van Nieulandt e Paisaxe de Jan Vermeer van Haarlem (Jan van der Meer II) da escola holandesa;Legado Policarpo Sanz, Pintura holandesa Acio de flores de Jan Frans Eliaerts da escola flamenga;Legado Policarpo Sanz, Pintura flamenga Xogo da pita cega de Christian Wilhelm Ernst Dietrich da escola alemá;Legado Policarpo Sanz, Pintura alemá Galo e galiña de Jean-Baptiste Oudry da escola francesa;Legado Policarpo Sanz, Pintura francesa retratos de Dionisio Fierros e Paisaxe de Juan Martínez Abades, asturianos.
dereita|150px|alt=Armas dos Taboada e Figueroa.
A edificación O museo sitúase na Casa de Arias Taboada, edificación do século XVII, a máis vella da zona antiga de Vigo, despois da Casa Torre de Ceta e Arines. É de traza barroca caracterizada pola súa sobriedade, con ausencia dos singulares elementos ornamentais deste estilo.
Amosa un rudo tratamento de cachotería mesturada con perpiaño, reservándose a delicada cantería granítica para o encadramento de vans, plataforma das balconadas, cornixa e gárgolas. Primitivamente, estes elementos destacarían sobre un muro que debeu estar revocado en branco.
Na fachada loce o escudo coas armas de Taboada e Figueroa. O mestre de Campo e gobernador de Vigo, Diego Arias Taboada, promotor da edificación, foi o encargado da defensa de Vigo e os seus castelos ante a invasión do exército portugués que se acuartelou en Bouzas en 1665, guerra que remataría co Tratado de Lisboa de 1668.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía e : "Pinacoteca Francisco Fernández del Riego", p. 144, en Guía de Arquitectura Contemporánea de Galicia. Pontevedra, 2013. Outros artigos Francisco Fernández del Riego Museo Municipal Quiñones de León Ligazóns externas A pinacoteca na páxina de Turgalicia. A páxina da pinacoteca no Facebook. O fermoso rostro do país Atalaia, Consello da Cultura Galega. Pinacoteca Francisco Fernández del Riego no Proxecto ARGA
Categoría:Pinacoteca Francisco Fernández del Riego Categoría:Arquitectura civil en Vigo