Os Chous (Chanos en castelán e oficialmente) é unha localidade do concello de Lubián na provincia de Zamora (Castela e León). Está situada a carón da Serra Segundeira. Segundo o INE, no ano 2012 tiña 55 habitantes. Características Atópase situado ao noroeste da provincia de Zamora, xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da histórica rexión lusitana de Trás-Os-Montes. Pertence ás Portelas, unha sub-bisbarra da bisbarra histórica e tradicional de Seabra.

Preto do lugar atópase o Santuario da Tuiza, patroa da Alta Sanabria e centro da romaría que cada último domingo de setembro congrega aos veciños da zona.

É unha das poucas localidades bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.

O número de habitantes descendeu de modo paulatino desde a metade do século XX. A súa economía está baseada na agricultura e a gandaría.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Santuario de La Tuiza Imágenes por satélite de Chanos Pedanía de Chanos

Categoría:Lubián Categoría:Artigos sen imaxes