Ludeiros é un lugar da parroquia de Manín no concello ourensán de Lobios na comarca da Baixa Limia. Tiña 34 habitantes no ano 2025 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 13 eran homes e 21 mulleres.

Ludeiros é unha aldea de Lobios dentro do perímetro do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, desde a súa declaración o 21 de febreiro de 1993 (DOG nº 35 do 22-02-1993).

Desde 2009 forma parte da Reserva da biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Historia

Ludeiros é unha aldea fronteiriza, o que marcou a súa historia. Foron moitas as incursións dos portugueses para facerse con estas terras, que pertenceron ao castelo de Araúxo (situado nas inmediacións da aldea de A Vila, en Lobios), castelo desaparecido na súa totalidade, terras disputadas polo señor do castelo de Lindoso (Portugal), pola importancia que supuña esta parte da Serra de Santa Eufemia para dispor de pastos para o gando do castelo e a veciñanza portuguesa. As disputas mantivéronse ata o Tratado de Lindes de Lisboa de 1864, que determinou a fronteira polo río da Madalena, pasando a Portugal esa franxa de terra dende o río Cabril, como se recolle no tratado e amosa o mapa de José de Castro López empregado para a firma do acordo que tivo lugar en Badaxoz, en marzo de 1863. Ese terreo disputado, que se amosa no mapa, afirmaba o historiador José Lamela Bautista, que era o que máis problemas lle causaba aos dous reinos, polo que había que establecer uns lindes definitivos que fosen respectados por ambas as partes.

Galería

Lugares e parroquias Lugares de Manín

Aceredo (asolagado)

Parroquias de Lobios

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Lobios

Categoría:Lugares de Lobios