Alejandro López Laz, coñecido como Álex López, nado o 8 de maio de 1991 en La Laguna, Canarias, é un xogador profesional español de baloncesto. Xoga na posición de escolta cunha alzada de 1,89 metros. Actualmento xoga na liga Liga LEB.
Traxectoria Formado no colexio Nuryana de La Laguna, chegou como júnior ao CB Gran Canaria previo paso pola canteira do Tenerife Club de Baloncesto. Alejandro López debutou da man de Pedro Martínez na Liga ACB, xogando un minuto na pista do Assignia Manresa, e na Eurocup na tampada 2009-10, disputou catro minutos ante o SLUC Nancy no Centro Insular de Deportes, achegando un punto e unha asistencia. Ese ano na Liga EBA fixo unha media de 11,3 puntos, 4,7 rebotes, 2,3 asistencias, 2,7 recuperacións e 12,2 de valoración.
En febreiro de 2011 o canteirán do Gran Canaria 2014, quen estaba cedido no UB La Palma, incorpórase á dinámica de traballo do conxunto de Pedro Martínez até final de tempada. O xogador será o substituto de Sitapha Savané, xa que o neerlandés Roeland Schaftenaar, incorporado ao primeiro equipo amarelo nun principio, tamén do UB La Palma, para paliar a baixa de Savané, regresou ao equipo palmeiro.El jugador tinerfeño Alejandro López retorna al Gran Canaria 2014 Postrriormente xogaría en Liga LEB co Cáceres, asinando co Club Baloncesto Breogán para a tempada 2013-14.
Clubs 20px|border|EBA Gran Canaria (EBA / ACB, 2008−2010) 20px|border|LEB La Palma (LEB, 2010−2011) 20px|border|ACB Gran Canaria (ACB, 2011) 20px|border|LEB La Palma (LEB, 2011−2012) 20px|border|LEB Cáceres (LEB, 2012−2013) 20px|border|LEB Breogán (LEB, 2013−2016) 20px|border|ACB San Pablo Burgos (LEB / ACB, 2016−2019) 20px|border|ACB Lenovo Tenerife (ACB, 2019−2021) 20px|border|ACB Urbas Fuenlabrada (ACB, 2021−2022) 20px|border|ACB San Pablo Burgos (LEB, 2022−presente)
Internacional 2007. España. Europeo Sub-16, en Creta (Grecia). 2009. España. Europeo Sub-18, en Metz (Francia).
Palmarés Prata no Europeo Sub16 de 2007 con España. en Creta (Grecia). Campión do Nike International Júnior Tournament de Roma 2008-09 con La Caja de Canarias.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en ACB.com Ficha en FEB.es Ficha en Promo Sport
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en San Cristóbal de La Laguna Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto de España Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do UB La Palma Categoría:Xogadores do Cáceres Ciudad del Baloncesto Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do CB Canarias Categoría:Xogadores do Baloncesto Fuenlabrada