Mars 1M foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas que se intentaron lanzar para facer un sobrevoo de Marte nos comezos da era espacial e obter datos e imaxes do planeta. Ámbalas dúas sondas non chegaron nin á órbita terrestre por fallo dos seus foguetes lanzadores, uns Molniya.
As dúas sondas Mars 1M que se intentaron lanzar eran idénticas e tiñan unha masa duns 640 kg. Como instrumentación científica levaban a bordo un magnetómetro, un contador de raios cósmicos, unha trampa de ións e un detector de micrometeoritos, entre outros.
Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 10 de outubro de 1960 Cosmódromo de Baikonur Mars 1M Nº1 Fallo Fallo da segunda etapa e perda do control do foguete. 21 de febreiro de 1966 Cosmódromo de Baikonur Mars 1M Nº2 Fallo Fallo da última etapa, non chegando a órbita e caendo de novo a terra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Mars 1 Mars 2 Mars 3 Mars 4 Mars 5 Mars 6 Mars 7 Mars 2MV-4 Mars M-71 Mars M-73 Proton K/D Sputnik 22
Categoría:Programa Mars