No politeísmo celta, Grannus (tamén Granus Mogounus Amarcolitanus) foi unha deidade asociada coas augas termais, as fontes e o sol. Foi identificado frecuentemente con Apolo como Apollo Grannus. A súa devoción era frecuente en conxunto con outras deidades como Sirona ou Marte.

Festival Unha inscrición do século I dunha fonte pública de Limoges menciona un festival galo dedicado a Grannus (Latinizado como decamnoctiacis Granni):

POSTVMVS DV[M] NORIGIS F(ilius) VERG(obretus) AQV AM MARTIAM DECAM NOCTIACIS GRANNI D(e) S(ua) P(ecunia) D(edit)AE 1989: 521; AE 1991: 1222.

Tradución: "O Vergobretus Postumus fillo de Dumnorix deu dos seus propios cartos a Aqua Martia ("Auga de Martius [ou Mars]", un acuedutoLaurent Lamoine, Le pouvoir local en Gaule romaine, Presses Univ Blaise Pascal, 2009, p. 114-115.) para o festival de dez noites de Grannus".

Notas

Categoría:Deuses celtas Categoría:Deuses britanos Categoría:Deuses da saúde Categoría:Deuses solares Categoría:Deuses do lume Categoría:Deuses da auga