A metahemoglobina é unha forma da metaloproteína transportadora de oxíxeno hemoglobina, na cal o ferro do grupo hemo está en estado férrico (Fe3+), e non no estado ferroso (Fe2+) da hemoglobina normal. A metahemoglobina non pode unirse ao oxíxeno, a diferenza da oxihemoglobina, que si pode. Ten unha cor castaña chocolate azulada. No sangue humano é normal que exista unha cantidade traza de metahemoglobina que se produce espontaneamente. Pero cando está presente en exceso, o sangue toma unha cor anormal castaña azulada escura. O encima, dependente do NADH, metahemoglobina redutase (ou diaforase I) é responsable de volver converter a metahemoglobina en hemoglobina. miniatura|dereita|Estrutura do encima que converte a metahemoglobina en hemoglobina.Bando, S.; Takano, T.; Yubisui, T.; Shirabe, K.; Takeshita, M.; Nakagawa, A. (2004). "Structure of human erythrocyte NADH-cytochromeb5reductase". Acta Crystallographica Section D Biological Crystallography 60 (11): 1929–1934. doi:10.1107/S0907444904020645. PMID 15502298.
Normalmente do 1 ao 2 % da hemoglobina dunha persoa é metahemoglobina; se hai unha porcentaxe maior iso pode deberse á exposición a certos compostos químicos e dependendo do nivel ao que se chegue pode causar problemas de saúde denominados metahemoglobinemia. Un maior nivel de metahemoglobina tende a facer que a lectura dun oxímetro de pulso (aparello que mide a saturación de oxíxeno no sangue) sexa próxima ao 85% independentemente de cal sexa o verdadeiro nivel de saturación de oxíxeno.
Causas comúns Os niveis elevados de metahemoglobina poden darse nos seguintes casos: Mecanismos de defensa celular reducidos. Nenos menores de 4 meses expostos varios axentes ambientais. As mulleres embarazadas son consideradas vulnerables á exposición a altos niveis de nitratos na auga potable.Manassaram, D. M.; Backer, L. C.; Messing, R.; Fleming, L. E.; Luke, B.; Monteilh, C. P. (2010). "Nitrates in drinking water and methemoglobin levels in pregnancy: A longitudinal study". Environmental Health 9: 60. doi:10.1186/1476-069X-9-60. PMC 2967503. PMID 20946657. Deficiencia de citocromo b5 redutase. Deficiencia de glicosa-6-fosfato deshidroxenase. Enfermidade da hemoglobina M (Milwaukee), de orixe xenética. Deficiencia en piruvato quinase Diversos fármacos Axentes anestésicos locais, especialmente a prilocaína. Xeles, líquidos e pastillas para o alivio da dor oral, que conteñan benzocaína. Amil nitrito, cloroquina, dapsona, nitratos, nitritos, nitroglicerina, nitroprusiato, fenacetina, fenazopiridina, primaquina, quinonas e sulfonamidas. Axentes ambientais. Aminas aromáticas (por exemplo, p-nitroanilina,). Arsina. Clorobenceno. Cromatos. Nitratos/nitritos. Trastornos herdados Hai casos de familias que, debido a un xene recesivo, teñen membros coa pel azulada debido a un exceso de metahemoglobina.http://abcnews.go.com/Health/blue-skinned-people-kentucky-reveal-todays-genetic-lesson/story?id=15759819#.T2oS0HqV2So En gatos Consumo de paracetamol (por exemplo acetominophen).
Usos terapéuticos O amil nitrito adminístrase para tratar o envelenamento de cianuro. Funciona convertendo a hemoglobina en metahemoglobina, á que se pode unir o cianuro e a formación de cianometahemoglobina non tóxica.
Saturación de metahemoglobina A saturación de metahemoglobina exprésase como unha porcentaxe de hemoglobina en estado de metahemoglobina, é dicir, a metHb en proporción á Hb. 1-2% - Normal Menos do 10% metHb - Non hai síntomas 10-20% metHb - Decoloración da pel (máis notablemente en membranas mucosas) 20-30% metHb - Ansiedade, dor de cabeza, dispnea durante o esforzo físico 30-50% metHb - Fatiga, confusión, mareo, taquipnea, palpitacións 50-70% metHb - Coma, convulsións, arritmias, acidose Maior do 70% metHb - Morte
Manchas de sangue Nas manchas de sangue pode observarse a presenza da metahemoglobina. Despois de saír do corpo, as manchas de sangue cambian do vermello brillante ao castaño escuro, o cal se atribúe á oxidación da oxihemoglobina (HbO2) a metahemoglobina (metHb) e hemicromo (HC).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Metahemoglobinemia Síndrome do meniño azul
Ligazóns externas MeshName - Methemoglobin Formación de metHb As persoas azuis de Troublesome Creek
Categoría:Respiración celular Categoría:Hemoproteínas