Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueiroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.
Cultura O topónimo Montouto provén da expresión latina de monte alto, o cal fai referencia á elevación do terreo.
Patrimonio A igrexa de Santa Cristina de Montouto é un templo de tipoloxía rural dun estilo barroco e que foi construída no século XVII, seguindo a tipoloxía máis frecuente na comarca. Está situada no Campo do Monte. A arquitectura da igrexa é sinxela e sobria: está formada por unha planta rectangular, cunha fábrica de cachotaría recebada e pintada agás nos esquinais, e enmarcados nos vans que son de cantería de granito. A igrexa está cuberta de tella e o zócolo é con cornixa voada, sobre da que vai a espadana de dous ocos de campás, moldura mixtilínea embaixo da espadana. Na decoración interior destacan os elementos de carácter xeométrico, que conforman a súa característica principal. No eixo vertical a está porta de entrada rectangular e un oco pequeno que remata na espadanaTurgalicia. No adro da igrexa está tamén o cemiterio e superficies axardinadas con árbores autóctonas. No medio do adro diante da fachada, hai unha pila bautismal histórica.
O cruceiro de Santa Cristina está no Campo da festa. Aséntase nunha plataforma cuadrangular con dous pés de formigón. O pedestal é un tronco piramidal e o varal ten unha sección octogonal que comeza e remata en forma de cadrado. O capitel está moldurado e ten unha cruz de sección octogonal, cun botón central e remates florenzados.
O Chan do Castro, ou castro de Montouto é un asentamento fortificado situado entre os lugares de Santín e Figueiroa Pequeno. Da idade de ferro-romano, ten unhas dimensións de 160 por 200 metros. Está cuberto por vexetación e non se aprecia a súa morfoloxía. Apréciase que se trataría dunha coroa circular cunha primeira explanada que non pecha o recinto por en enteiro, e outra maior cá anterior que englobaría a todo o conxunto. A conservación é regular e as pistas que se construíron na zona cortan o seu extremo suroriental
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Montouto
Parroquias da Abegondo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Abegondo
Categoría:Parroquias de Abegondo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Cristina Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía