A Necrópole de Santa Mariña é un conxunto de 40 mámoas, situado no monte de Santa Mariña, entre as parroquias luguesas do Viso (O Incio), Formigueiros (Samos) e Loureiro (Sarria). Constitúe unha das máis relevantes concentracións de arquitectura tumularia de todo o noroeste peninsular. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 2006"Decreto 236/2006, de 23 de noviembre, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de zona arqueológica, la necrópolis de Santa Mariña, situada en los ayuntamientos de O Incio, Samos y Sarria, provincia de Lugo", publicado no BOE núm. 11, de 12 de xaneiro de 2007, páx 1792 a 1794 .. Características A necrópole foi construída entre o neolítico final (milenio IV ane) e o bronce inicial (milenio II ane), polo que existe unha gran diversidade nas dimensións e forma das antas e na ocupación do espazo funerario. En ocasións os monumentos están moi próximos e mesmo se superpoñen, e mesmo existe un lugar xerárquico no caso de tres elementos, desde os que son percibidos a metade dos integrantes da necrópole.
Amais das corenta medorras, o conxunto declarado ben de interese cultural inclúe tres gravados rupestres e un camiño real da idade moderna.
Notas
Categoría:Megálitos de Galicia Categoría:O Incio Categoría:Samos Categoría:Sarria Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Necrópoles