A mitoloxía bretoa refírese ós mitos e lendas da Bretaña. Moitos deles son contos heroicos e narracións explicativas con orixe na mitoloxía celta e nas crenzas relixiosas anteriores á conversión dos bretóns ó cristianismo.

Algúns dos principais personaxes, lendas ou lugares da mitoloxía bretoa son os seguintes: Ankou; Bugul Noz; Kannerezed Noz (semellantes ás lavandeiras en Galiza); Morgens; Morvan Lez-Breizh; Ys; Korrigans, pequenos habitantes dos menhires e dos dolmens; Ar Gazek Klanv, unha lendaria egua tola; Ar Gazek Gwen, unha lendaria egua branca; Ar Gazek C'hlaz, unha lendaria egua azul que goberna os peixes; Ar Marc'h Hep Kavalier, o cabalo sen cabaleiro; Ar Marc'h Hep e Vestr, o cabalo sen amo. Hop ar noz, pregoeiros da noite.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Sebillot Paul-Yves, Mythologie et folklore de Bretagne. Philippe Jouët, Aux sources de la mythologie celtique, Yoran Embanner, Fouesnant, 2007, ISBN 978-2-914855-37-0. Philippe Jouët, L'Aurore celtique dans la mythologie, l'épopée et les traditions, Yoran Embanner, Fouesnant, 2007, ISBN 978-2-914855-33-8. Dominique Besancon, Sorcelleries Et Diableries De Bretagne.

Outros artigos Mitoloxía galesa

Ligazóns externas Timeless Myths: Celtic Mythology

Categoría:Mitoloxía bretoa