San Lourenzo de Agrón é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Ames, na comarca de Santiago, cunha superficie de 7,24 km². Segundo o padrón municipal (INE 2018) ten 380 habitantes (180 homes e 200 mulleres), 145 menos ca en 1999. Ten quince entidades de poboación.

Etimoloxía O topónimo Agrón non ten unha orixe clara. Martínez Lema propuxo a procedencia prerromana de okr + one, de significado pouco claro, que viría reforzada pola recorrencia das formas Ogrom, Ogron e Ogrone no tombo de Toxosoutos. Porén, xa na Idade Media (1390) aparece citado como Agrõ, o que levaría probablemente a unha resegmentación ao interpretar ese a- inicial como artigo, e despois unha remasculinización a formas do século XVI como San Lorenço de Gron, San Lorenço d’Ogron, Sant Lorenço do Gron ou en o Gron.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Agrón

Parroquias de Ames

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lugares de Ames

Categoría:Parroquias de Ames Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía