Un coactivador é unha proteína que incrementa a expresión xénica ao unirse a un activador (ou factor de transcrición), que contén un dominio para a unión ao ADN. O coactivador non pode unirse ao ADN por si mesmo.

O coactivador pode potenciar a iniciación da transcrición ao estabilizar a formación do holoencima ARN polimerase. Os coactivadores poden controlar moitos outros pasos da transcrición, como a elongación, o splicing do ARN, e a terminación e degradación do complexo coactivador-activador.

Algúns coactivadores posúen unha actividade intrínseca de histona acetiltransferase (HAT), que acetila as histonas e causa que a cromatina se relaxe nunha rexión limitada, o que facilita o acceso ao ADN. O CBP e o p300 son exemplos de coactivadores con actividade HAT. Informouse doutras moitas actividades encimáticas nos máis de 300 coactivadores coñecidos para os receptores nucleares. Os mellor coñecidos destes son o SRC-1, SRC-2, e SRC-3. Os coactivadores funcionan en complexos de alto peso molecular de 6-10 coactivadores e proteínas asociadas a coactivadores (denominadas co-coactivadores).

Nos humanos coñécense de varias ducias a varios centos de coactivadores, dependendo do nivel de confianza co cal se pode facer a caracterización dunha proteína como coactivador.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Corregulador da transcrición Activador (xenética)

Ligazóns externas Nuclear Receptor Signalling Atlas (NIH-funded research consortium and database; includes open-access PubMed-indexed journal, Nuclear Receptor Signaling)

Categoría:Xenética molecular Categoría:Expresión xénica