O esturión,Esturión (Acipenser sturio). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia. Acipenser sturio Linnaeus, 1758, tamén coñecido como sollo,Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 209.Non confundir co peixe do mesmo nome, o sollo ou curuxo, peixe plano da orde dos pleuronectiformes. ou sollo rei,Rodríguez Solórzano et al. (1983), pp. 59-60.Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 362-363.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 51. é unha especie de peixe condrósteo da orde dos acipenseriformes e familia dos acipenséridos, quizais a especie máis representativa do xénero Acipenser, é dicir, o esturión propiamente dito.Por iso en moitos idiomas do noso contorno denomínase tamén como esturión común ou esturión europeo.
Trátase dun peixe de gran tamaño: describíronse exemplares de até 5 e 6 m de lonxitude, con pesos de até 1 000 kg, e que podían alcanzar os 100 anos de idade.Muus, Bent J. et al. (1998), pp. 78-79. Porén, hoxe en día os individuos de máis de 2 a 3 m raramente son capturados.
Pasa a maior parte da súa vida no mar, habitualmente en augas costeiras pouco profundas, onde se alimenta de peixes e outros animais bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterra co seu fociño.
Descrición
O esturión caracterízase por: miniatura|280px|Esturión visto polo dorso.
Un corpo moi alongado, de sección pentagonal e cunha aleta caudal heterocerca. A cabeza está protexida por ósos dérmicos. O tronco non presenta escamas, pero está cuberto de pequenos dentículos e por cinco filas lonxitudinais de placas óseas (de 10 a 15 placas dorsais, de 29 a 38 placas laterais e de 10 a 12 placas ventrais). A boca é pequena e sen dentes (nos adultos), pero pode ser proxectada cara a diante e estenderse a xeito de trompa, e baixo ela hai 4 barbelas dispostas nunha fila horizontal, perpendicular ao eixe do corpo. As aletas están sustentadas por raios cartilaxinosos, e os primeiros raios das pectorais están fusionados para formaren unha forte espiña. As aletas dorsal, anal e pelvianas son pequenas e están situadas moi atrás, cerca do pedúnculo caudal. A coloración do dorso é apardazada escura ou gris verdosa, prateada ou rosada nos flancos e abrancazada na rexión ventral.
Distribución
Antano a área de distribución do esturión estendíase polos mares costeiros e os ríos de toda Europa, desde Islandia e Escandinavia até o mar Negro, sendo a finais do século XIX unha especie moi común e de grande importancia económica en toda a Europa occidental. Pero actualmente, debido á sobrepesca, á contaminación dos ríos, á regulación (e redución) dos seus caudais pola construción de presas e a extracción de áridos nas zonas de desova, este peixe é moi raro e protexido, onde o último lugar de desova é o esteiro da Xironda.
En Galicia foi antigamente moi abundante, especialmente no río Miño, até o punto de que se chegou a usar a súa carne como fertilizante para os cultivos, e as súas ovas, que hoxe constitúen o apreciado caviar, como comida para os porcos. Hoxe é unha especie extinguida. En Portugal era así mesmo moi abundante e famoso (chegou a ser retratado nas moedas cuñadas en Mértola no século I a. C.); o Guadiana foi o último río onde viviu o sollo rei, sendo os derradeiros exemplares capturados a finais dos anos da década de 1970.
As únicas poboacións relativamente abundantes de esturión en estado salvaxe están restrinxidas ás concas dos ríos Garona e Dordoña e ao estuario da Xironda, estimándose que en toda Francia non hai máis que uns poucos miles de individuos.
Hábitat e ecoloxía Especie anádroma, pasa a maior parte da súa vida no mar (de 7 a 14 anos), pero reprodúcese nas augas doces dos ríos, onde pasa as primeiras etapas do seu desenvolvemento (durante 1 ou 2 anos).
O esturión vive no fondo, a unhas profundidades de 5 a 60 m. Aliméntase principalmente de pequenos peixes e invertebrados bentónicos, como crustáceos, moluscos e vermes, que desenterran co fociño, así como tamén de larvas de mosquitos.A este respecto é interesante a opinión de Antón Santamarina que, na "nota etimolóxica" ao nome de sollo rei en Ríos Panisse, Op. cit. considera que Os individuos máis vellos tamén comen peixes como pequenas anguías e gobios (especies do xénero Gobio da familia dos ciprínidos).
Reprodución Os machos alcanzan a madurez sexual á idade de 7 a 9 anos, cando miden entre 110 e 150 cm e pesan de 7 a 20 kg. As femias, entre os 8 e os 14 anos, cando alcanzan de 120 a 180 cm e un peso de 10 a 30 kg.
Na primavera, entre abril e xuño, remontan os ríos onde desovan. Algúns esturións migran río arriba centos de quilómetros, mentas que outros permanecen cerca do mar. Desovan a profundidades de 2 a 10 m, sobre fondos rochosos onde a corrente é forte. As femias producen de 800 000 a 2 400 000 ovos pegañentos, de cor gris escura e de 2 a 3 mm de diámetro, que se adhiren ás pedras. Despois da reprodución, os individuos adultos, que non se alimentan durante esta época, regresan ao mar.
Os ovos eclosionan despois de 3 a 14 días, segundo a temperatura da auga, xurdindo larvas de 9 a 11 mm de lonxitude. Tras un período de 1 a 3 anos, os xuvenís migran cara ao mar, onde permanecerán de 7 a 17 anos.
Sinonimia Da especie Acipenser sturio Linnaeus, 1758 recoñécense os seguintes sinónimos:BioLib.
Accipenser attilus Rafinesque, 1820 Acipenser attilus Gray, 1851 Acipenser ducissae Duméril, 1870 Acipenser europaeus Brusina, 1902 Acipenser fitzingeri Duméril, 1870 Acipenser fitzingerii Duméril, 1870 Acipenser hospitus Krøyer, 1852 Acipenser latirostris Parnell, 1838 Acipenser lichtensteinii Bloch & Schneider, 1801 Acipenser nehelae Duméril, 1870 Acipenser podapos Duméril, 1870 Acipenser sturioides Malm, 1861 Acipenser thompsonii Ball, 1856 Acipenser valenciennii Duméril, 1870 Acipenser yarrellii Duméril, 1867 Arcipenser sturio Linnaeus, 1758 Sturio accipenser Strøm, 1784 Sturio vulgaris Brusina, 1902
Estado e ameazas
Estado O estado de conservación da especie foi declarado como moi crítico, pola IUCN.Gesner, J., Williot, P., Rochard, E., Freyhof, J. & Kottelat, M. (2009): Acipenser sturio na Lista Vermella da IUCN.
Ameazas Sobre a especie: a principal ameaza son as capturas accidentais da especie. Sobre o hábitat: as principais causas do declive das poboacións da especie foron a regulación dos leitos dos ríos, a diminución dos caudais, a construción de presas, a contaminación e a extracción de áridos nas zonas de desova.Por exemplo, a construción da presa de Alcalá del Río augas arriba de Sevilla en 1930 impediu o paso dos esturións a gran parte das súas zonas habituais de desova.
Protección Lexislacións Directivas Europeas Figura nos Anexos II e IV da Directiva de Hábitats (43/92 C.E.E) do 21 de maio de 1992.
Lexislación española Figura como de "especial interese" no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas. Real Decreto 439/1990.
Lexislación autonómica española Catalogada como "D" no Anexo II das especies protexidas de fauna salvaxe autóctona, lei 3/88 de protección de animais de Cataluña.
Convenios internacionais
Convenio de Berna Figura no Anexo II do Convenio de Berna 82/72.
CITES Figura no Regulamento CITES (3626/82/CE) e a súa ampliación, Regulamento (3646/83/CE), como especie "I".
Libros vermellos Citada como "en perigo" no Libro Vermello dos Vertebrados Españois.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bauchot, M. K. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0685-6. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 190. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos Condrósteos Acipenseriformes Acipenséridos Caviar
Ligazóns externas Acipenser sturio en "Enciclopedia virtual de los vertebrados españoles" Acipenser sturio en Ministerio de Medio Ambiente. Banco de datos de la Naturaleza: Peces Continentales de España. Acipenser srurio en FishBase
Categoría:Condrósteos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné