María Jesús Escudero Lago é unha política galega do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Mos e foi elixida alcaldesa cun goberno de coalición co BNG. Volveu ser elixida alcaldesa nas municipais de 2007 outra vez co apoio do BNG. O 12 de decembro de 2008 a portavoz do PPdeG Nidia Arévalo encabezou unha moción de censura co apoio do concelleiro Gerardo Alonso, tránsfuga do PSdeG. Despois dun tenso pleno no que centos de veciños se manifestaron en contra da moción, Nidia Arévalo converteuse en alcaldesa de Mos.Aprobada la moción de censura en Mos que coloca como alcaldesa a Nidia Arévalo (PP)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Mos

Ligazóns externas "En esta lista van personas de mi total confianza como iban en la anterior" Entrevista en Faro de Vigo María Jesús Escudero Lago, Alcaldesa de Mos: "É hora de porlle punto e final ó desorden urbanístico en Mos" Entrevista en Faro de Vigo

Categoría:Alcaldes de Mos Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido