San Paio de Aranga é unha parroquia que se localiza no centro-leste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (250 homes e 226 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 643 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos. miniatura|Aranga no Catastro de Ensenada (1752).
Xeografía A parroquia de Aranga ten unha superficie de 36,84 km² e 31 núcleos de poboación. miniatura|Aranga no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845). Situación Está situada no centro-leste do concello de Aranga, estendéndose de norte a sueste do municipio, e no extremo sur do arciprestado de Pruzos.
Limita ó norte coa parroquia de Verís (do concello de Irixoa), ó nordeste coa de Cambás, ó leste coa de Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz), ó sur coa de Foxado (Curtis) e ó oeste coas de Muniferral e Vilarraso.
Noroeste: Muniferral Norte: Verís (Irixoa) Nordeste: Cambás Oeste: Muniferral e Vilarraso 100px|alt=Rosa dos Ventos|ligazón= Leste: Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz) Suroeste: Vilarraso Sur: Foxado (Curtis) Sueste: Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz)
Historia Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, os lugares de Carballo Torto, A Graña, Orosa e Santiso pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso. Así e todo, no censo de 1887 aínda aparecían incluídos na parroquia de Aranga.
Demografía No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia aparece con 114 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 ten 161 veciños, dos cales 153 son pecheros.
Século XVIII 1752 1768 1787 Veciños Habitantes 206 960 1052
Século XIX 1816/17 1826 1836 1845 1857 1860 1887 1900 Veciños 147 184 158 200 288 295 – – Habitantes – 892 632 1500 1542 1657 2006Este é o último censo no cal aínda se contabilizan os lugares de Orosa (220 habitantes), Carballo Torto (136 habitantes) e Santiso (38 habitantes). Após a reforma parroquial de 1867 pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso. 1640
Século XX 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1986 1991 1999 2000 Habitantes 1439 1432 1542 1580 1318 1158 865 707 675 640 643 625
Século XXI 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 620 607 595 588 576 570 566 553 549 540 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 544 528 520 512 502 503 488 Fonte: IGE (padrón municipal)Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; ; e . Instituto Galego de Estatística (IGE).
Etnografía Aranga na cultura popular A verdadeira Cruz de Aranga / queda sentada na porta / mirando para os romeiros / como lle soben a costa. Pasei a ponte de Aranga, / non a pasei por ladrón, / paseina por bo mozo, / porque tamén eu son. Verdadeira Cruz de Aranga / que has de dar aos teus romeiros? / auguiña da túa fonte, / sombra dos teus castiñeiros.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Aranga
Parroquias de Aranga
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Aranga
Categoría:Parroquias de Aranga Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Paio