Guillerme X, nado en Tolosa en 1099 e finado o 9 de abril de 1137, alcumado O Santo, foi duque de Aquitania, Duque de Gascuña e Conde de Poitou (co nome de Guillerme VIII) entre os anos 1126 e 1137.

Traxectoria Era fillo de Guillerme IX e da súa segunda esposa, Filipa de Tolosa, e naceu durante o breve período no que os seus pais rexeron a vila de Tolosa. O seu nacemento quedou rexistrado na Cronica de Saint-Maixent no ano 1099: Willelmo comiti natus est filius, equivoce Guillelmus vocatus ("ao conde Guillerme naceulle un fillo, púxoselle de nome Guillerme, coma el."). Nese mesmo ano, e en contra dos desexos da súa esposa, o duque Guillerme IX entregou Tolosa ao primo de Filipa, Bertrand de Tolosa, e partiu ás Cruzadas. miniatura|100px|Moedas de Guillerme X, 8.90g. Filipa e o seu fillo Guillerme marcharon a Poitiers. Anos despois da volta de Guillerme IX, este foi vivir con Dangerose, muller dun dos seus vasalos, e abandonou a súa esposa legal, Filipa. Isto causou un distanciamento entre pai e fillo, ata que Guillerme X casou con Lionor de Châtellerault, filla da amante do seu pai, no 1121.

Tivo tres fillos con ela: Aliénor, que sería a herdeira do seu ducado; Petronila, que casou con Raúl I de Vermandois, e que morreu en 1151 ou 1152; Guillerme Aigret, que morreu aos catro anos, en 1130, case ao tempo que a morte da súa nai.

Talvez tivo tamén un fillo extramatrimonial, Guillerme, chamado de Poitiers.

Duque de Aquitania Guillerme foi un amante e protector das artes e un home culto en tempos nos que o analfabetismo era norma, incluso entre a nobreza. Na corte de Poitiers exercía o mecenado con trobadores e poetas, coma cantou o trobador Cercamon no planh (elexía) que compuxo á súa morte. Seguía así a tradición do seu pai Guillerme IX, alcumado o trobador. Coñecemos polo menos o nome dun destes trobadores, Blédhri, un celta (irlandés ou talvez galés), que residía na súa corte.Régine Pernaud: Eleonora d'Aquitania (trad. italiana), ed. Jaca Book, Milán, pax. 27

Era tamén un home de armas. Entrou en conflitos coa Normandía (atacouna en 1136, aliado con Godofredo V, conde de Anjou que reclamaba esas terras no nome da súa muller) e con Francia.

Tamén dentro do seu ducado tivo que facer fronte á alianza dos Lusignans e os Parthenays en contra del, resolveu o conflito coa total destrución dos seus inimigos. miniatura|300px|Bernaldo de Claraval converte a Guillerme X. En cuestións de política internacional, Guillerme X apoiou nun principio ao antipapa Anacleto II, nas loitas do cisma de 1130, opoñéndose ao Papa Inocencio II, e en contra do desexo dos seus propios bispos. No ano 1134, Bernaldo de Claraval convenceu a Guillerme de que abandonase o partido de Anacleto e apoiase a Inocencio. Sobre este feito, existe a lenda de que Guillerme, farto da insistencia do monxe, decide terminar dunha vez con esas molestias e irrompe armado na igrexa de Partenay onde san Bernaldo estaba celebrando misa. Ao ver entrar ao duque, o abade foi ao seu encontro levando nas mans o cáliz e a hostia. Sometido pola forza que emanaba do home santo, Guillerme caeu de xeonllos, cheo de arrepentimento e someteuse ao que se lle pedíaRégine Pernaud: Eleonora d'Aquitania (trad. italiana), ed. Jaca Book, Milán, pax. 43.

En 1137 Guillerme iniciou a peregrinación a Santiago de Compostela, talvez para expiar os seus pecados, pero morreu no camiño, posiblemente dunha intoxicación alimentaria. Sabéndose morrer, escribiulle unha carta ao rei Lois VI de Francia encomendándolle a protección da súa filla e herdeira Aliénor, que entón tiña quince anos, e pedíndolle que lle atopase un marido axeitado. Lois VI aceptou o encargo e casou á herdeira de Aquitania co seu propio fillo, o futuro Lois VII de Francia. Coa intención de que o ducado de Aquitania e o reino de Francia quedaron unidos, aínda que o devalar dos acontecementos posteriores non fixo tan simple esta manobra política.

Personaxe literaria A súa morte camiño de Santiago, levou ao seu trobador Cercamon a compoñer un planh, unha elexía na súa honra coñecida como Lo plaing comenz iradamenTradución propia a partir de Troubadour Poems from the South of France pax. 49., que comeza dicindo:

e que remata facendo referencia á peregrinación:

Co tempo e apoiándose na versión máis serodia da súa morte que aseguraba que dera chegado a Santiago e que, sabéndose moi enfermo, ordenou que o levaran á Catedral, onde morreu ante a tumba do Apóstolo, converteron a Guillerme X nunha personaxe literaria, o protagonista do Romance de don Gaiferos, que canta esta peregrinación a CompostelaDeaños Santiago, Carlos: «Un estudio revela la auténtica personalidad de Don Gaiferos» El Correo Gallego, 13/9/2010 ..

Notas

Véxase tamén Bibliografía . Outros artigos Aliénor de Aquitania Romance de don Gaiferos

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Cruzadas Categoría:Nados en Tolosa, Francia Categoría:Nados en 1099 Categoría:Finados en 1137 Categoría:Duques de Aquitania