Manuel Fernández Fernández, coñecido como Cauterio, nado no barrio de Monelos da Coruña o 20 de outubro de 1904 e finado en Madrid o 26 de decembro de 1993,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-12-1993, p. 64. foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Estudou para practicante na Universidade de Santiago de Compostela de 1921 a 1924. Practicante da Beneficencia Municipal da Coruña, foi secretario do Colexio Oficial de Practicantes (1928). Cando se fundou a Federación Regional de Practicantes foi elixido secretario. En 1930 era director de El Practicante Gallego, órgano da Federación de Practicantes. Desde ese ano representou ao Colexio Oficial da Coruña e á Federación Regional nas asembleas anuais celebradas en Madrid. En xaneiro de 1935 formou parte do Comité do Frente Único das Clases Sanitarias e en marzo dese ano foi elixido presidente do Colexio de Practicantes da Coruña e en xaneiro do ano seguinte foi presidente da Asociación de Practicantes de Medicina y Cirugía de Galicia.
A nivel político pertenceu á fracción máis moderada do anarcosindicalismo. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe xunto aos cenetistas Ricardo García Lago e César Guillán Bozo, como delegado da sección VIR da Coruña. Encabezou o Partido Sindicalista en Galicia en 1934. Entre 1934 e 1936 pronunciou varias charlas radiofónicas sobre temas médicos e políticos. Colaborou en Trabajo e dirixiu La Calle. Foi membro do Centro de Estudios Sociales Germinal. Participou na campaña electoral da Fronte Popular en febreiro de 1936 e na do Estatuto de Galicia. Foi elixido vocal da directiva do Partido Sindicalista na Coruña en abril de 1936.El Pueblo Gallego, 21-4-1936, p. 8.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité da Fronte Popular da Coruña en representación do Partido Sindicalista. Foi detido e conducido ao cuartel de infantaría do rexemento de Zamora, e despois ao Cárcere da Coruña. Liberado o 23 de setembro, foi desterrado a Betanzos, pero permaneceu agochado na Coruña. Estivo un tempo en Madrid, onde se relacionou con Manuel Amil Barcia e nos anos corenta reapareceu na Coruña. Volveu a Madrid actuando como enlace entre o Comité Nacional e a CNT de Galicia grazas ás facilidades de desprazamento polo seu traballo de visitador médico e cobrador da compañía de seguros El Ocaso. Foi membro do Comité Nacional do Movemento Libertario Español en varias ocasións entre 1943 e 1946. Colaborou con Juan García Durán na constitución da ANFD, da que foi delegado da Rexional Galaica no Consello Nacional. En 1945 foi designado para ocupar a vacante de José Expósito Leiva no Goberno Giral, pero non aceptou. En abril de 1946 foi detido en Madrid xunto á maioría dos responsables da CNT e condenado a doce anos. Estivo preso en San Miguel de los Reyes (Valencia) e despois en Yeserías ata 1951. En 1965 participou nas tentativas de legalizar as actividades da CNT mediante o pacto coa CNS franquista. En 1978 era lector dunha editorial madrileña. É autor de varios artigos da Gran Enciclopedia Gallega.
Vida persoal
Casou con Dolores Regueiro Lareo en 1928.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (F)
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1993
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes