Dirk Scalongne, nado en Ámsterdan o 12 de decembro de 1879 e finado en Amstelveen o 1 de abril de 1973, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria Scalongne era oficial da Mariña Real, foi capitán ao mando de varios submarinos, entre eles o primeiro neerlandés, o Hr. Ms. O 1, en 1907. Esgrimista de sona gañou co equipo neerlandés de sabre unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1912 celebrados en Estocolmo. Retirouse do exército en 1936 establecéndose en Batavia (Indias Orientais Neerlandesas). Durante a segunda guerra mundial, de 1942 deica 1945 mentres durou a ocupación xaponesa estivo confinado en Xava.

Véxase tamén Ligazóns externas

Scalogne en dutchsubmarines.com, arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2016

Categoría:Nados en 1879 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Esgrimistas olímpicos dos Países Baixos Categoría:Medallistas olímpicos en esgrima Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Países Baixos Categoría:Militares dos Países Baixos Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912 Categoría:Esgrimistas de sabre Categoría:Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912