250px|miniatura|dereita|Praia de Arealonga, en Chapela, Redondela, lugar de adestramento do CR Chapela e sede da Bandeira Concello de Redondela.
O Club de Remo Chapela é un club de remo da parroquia de Chapela, no concello pontevedrés de Redondela. Actualmente compite na Liga Noroeste de Traiñeiras. A súa traiñeira recibe o nome de Arealonga.
Historia Non se coñece con exactitude a data de fundación do club. Porén, a primeira participación coñecida do equipo redondelán remóntase ao ano 1933, durante a II República, cando participou nunha regata organizada polo Club Marítimo de Vigo baixo o nome de Club San Fausto de Chapela. No ano 2007, mentres competía no trofeo da Bandeira Teresa Herrera, disputada nas augas entre a Praia do Orzán e a Praia de Riazor, na Coruña, a embarcación de Chapela foi esnaquizada polas ondas por mor do mal tempo, co resultado de 5 remeiros feridos.Los remeros de Chapela salvan sus vidas tras partirse en dos su trainera Noticia no xornal La Voz de Galicia (es) Asemade, o club organiza nas augas de Chapela, nas proximidades da praia de Arealonga a Bandeira Concello de Redondela.Anecdotario Redondelán Anecdotario redondelán: remo. Actualmente participa na Liga Noroeste de Traiñeiras e participou en varias ocasións na Bandeira da Concha. Notas
Véxase tamén Outros artigos Liga Noroeste de Traiñeiras CCD Cesantes Chapela, Redondela Ligazóns externas Web oficial
Chapela Categoría:Deporte en Redondela