miniatura|Zifio de Blainville. miniatura|Zifio de Gervais. miniatura|Esqueleto do zifio de True. miniatura|Cría de Mesoplodon bowdoini varada nunha praia de Tasmania. Mesoplodon é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos zifíidos que reúne quince especies, coñecidos como zifios, o que fai del o máis numeroso xénero de cetáceos.

Os científicos cren que aínda se van encontrar máis especies, pois os animais da familia dos zifíidos son moi pouco coñecidos.

Tampouco non se sabe o estado de conservación das especies coñecidas.

Taxonomía Descrición O xénero foi establecido en 1850 polo paleontólogo francés Paul Gervais,Mesoplodon Gervais, 1850 no ITIS. Consultado o 22-08-2016.Mesoplodon Gervais, 1850 no WoRMS. Consultado o 22-08-2016. en Ann. Sci. Nat. Zool. (París), ser. 3, 14: 16.Mesoplodon en MSW. Consultado o 22-08-2016.

Etimoloxía O nome Mesoplodon, está composto de tres elementos do latín científico tirados do grego antigo: — mes-, de μέσος mésos, "medio", "que está no medio"; — -oplo-, de ὅπλον hóplon, "arma", e — -odon, de οδούς, οδόντος odoús, odóntos, "dente",Mesoplodon no Merriam-Webster's Unabridged Dictionary. e que podemos traducir como "armados con dentes no medio (da mandíbula)".

Sinonimia Ademais de polo nome cuñado por Gervais, e actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:

Aodon Lesson, 1828 Dioplodon Gervais, 1850 Dolichodon Gray, 1866 Micropteron Eschricht, 1849 Micropterus Wagner, 1846 Mikropteron Hershkovitz, 1961 Oulodon von Haast, 1876 Nodus Wagler, 1830 Paikea Oliver, 1922

Clasificación A sistemática do xénero baséase na forma e disposición dos dentes dos machos adultos.Maurizio Würtz e Nadia Repetto (2003): Dauphins et Baleines. Paris: Gründ. ISBN 978-2-7003-34257.Segundo o SIIT, e máis a EOL, comprende as seguintes 15 especies:Mesoplodon na EOL.

Xénero Mesoplodon Gervais, 1850 Mesoplodon bidens (Sowerby, 1804) — zifio de Sowerby ou cifio de Sowerby Mesoplodon bowdoini Andrews, 1908 Mesoplodon carlhubbsi Moore, 1963 Mesoplodon densirostris (Blainville, 1817) — zifio de Blainville ou cifio de Blainville Mesoplodon europaeus (Gervais, 1855) — zifio de Gervais, cifio de Gervais ou zifio europeo Mesoplodon ginkgodens Nishiwaki & Kamiya, 1958 Mesoplodon grayi Von Haast, 1876 Mesoplodon hectori (Gray, 1871) Mesoplodon hotaula Deraniyagala, 1963 Mesoplodon layardii (Gray, 1865) Mesoplodon mirus True, 1913 — zifio de True ou cifio de True Mesoplodon perrini Dalebout, Mead, Baker, Baker & van Helden, 2002 Mesoplodon peruvianus Reyes, Mead & Van Waerebeek, 1991 Mesoplodon stejnegeri True, 1885 Mesoplodon traversii (Gray, 1874)

Notas: 1. Os nomes vulgares galegos das especies arriba relacionadas son os propostos por Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe (os escritos en letra grosa),Lahuerta e Vázquez (2000), pp. 313-314. e por Díaz d'a Silva e Cartelle (os escritos en letra normal).Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 124-127.2. Dado que a Real Academia Galega dá para o nome da familia o de zifíidos,zifíidos no dicionario da RAG. e aínda que non rexistra a entrada zifio, por lóxica estes nomes deben escribirse con z' inicial.</small>

En Galicia Segundo Díaz d'a Silva e Caretelle, rexístranse en augas próximas a Galicia as especies Mesoplodon bidens, M. densirostris, M. europaeus e M. mirus, aínda que a súa presenza é accidental.

Áreas de dispersión das especies citadas en Galicia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 0-12-5513040-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Cetáceos Odontocetos Zifíidos

Ligazóns externas Mesoplodon na ADW. Mesoplodon na EOL. Mesoplodon Gervais 1850 en Fossilworks. Mesoplodon no NCBI.

Categoría:Ziphiidae